A Xunta Directiva de ASPACE-Galicia reúnese coa nova directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia

Na reunión celebrada coa nova directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, con Fabiola García Martínez, o colectivo de persoas con Parálise Cerebral de Galicia trasladoulle o seu compromiso para traballar de forma coordinada coa nova responsable na mellora da calidade de vida dos usuarios destas entidades.

No encontro asistiron por parte de Federación ASPACE-Galicia:

  • Eulogio López Río (Presidente de Federación ASPACE-Galicia e Xerente de ASPACE- Coruña).
  • Mónica Touriño Soto (Tesoureira de Federación ASPACE-Galicia e Xerente de AMENCER-ASPACE).
  • Concepción Somoza Torres (Secretaria de Federación ASPACE-Galicia e Xerente de APAMP).
  • María Carmen Barreiro (Vocal de Federación ASPACE-Galicia e Secretaria de ASPACE Coruña)
  • Ignacio Pérez Figueroa (Xerente de Federación ASPACE-Galicia).

A maiores, fíxose entrega a Fabiola García dun documento de presentación da Federación ASPACE-Galicia e das entidades que a conforman, que recolle as principais demandas e retos do colectivo para o ano 2017, entre os que destacan:

  • O aumento de prazas de atención específica para persoas con Parálise Cerebral, tanto en atención de día, como en atención residencial.
  • A mellora nas condicións de financiación do transporte das persoas con Parálise Cerebral, debido as súas necesidades específicas e diferenciais de atención.
  • O aumento da coordinación entre as políticas sociais e as sanitarias.