ASPACE- Galicia pon en marcha a VII edición do Concurso de Tarxetas De Nadal

A data de recepción de traballos finalizará o luns 12 de decembro de 2016

  Federación ASPACE-Galicia convoca a VII edición do Concurso de Tarxetas De Nadal 2016, co obxectivo de fomentar a participación, os valores da convivencia e a expresión artística das tradicións do Nadal, entre os usuarios dos centros ASPACE asociados.

 A finalidade é que os usuarios elaboren un traballo que servirá de deseño da tarxeta de felicitación de Federación ASPACE- Galicia así como das asociacións membro que o soliciten.

Poderanse presentar todos/as os/as usuarios/as de Federación ASPACE – Galicia e calquera das súas asociacións. O tema do traballo será libre, coa necesaria incorporación de referencias ao Nadal ou á visión desta polos seus creadores/as. Os traballos que non se cingan a estas especificacións non serán tidos en conta.

 A data de recepción de traballos finalizará o luns 12 de decembro de 2016. Podedes consultar as bases deste concurso aquí.