ASPACE- Galicia organiza unha xornada de formación sobre disfaxia

En colaboración con SmoothFood, Biozoon e Amencer- ASPACE

  ASPACE- Galicia en colaboración con SmoothFood, Biozoon e Amencer ASPACE organiza a xornada ‘Deglución segura e eficaz: importancia das texturas na correcta atención nas persoas con disfaxia. Presentación do concepto SmoothFood’.

 O obxectivo da mesma é informar da importancia das texturas no manexo e tratamento da disfaxia e como conseguir unha deglución segura cunha correcta aplicación das mesmas. Para iso é fundamental  o concepto de nutrición de SmoothFood; produtos que devolven o pracer pola comida estimulando a inxesta, facilitando e facendo segura a deglución e mellorando a calidade de vida dos pacientes. Ademais de proporcionar unha máis rápida recuperación  ao incrementar a motivación para volver inxerir alimentos e axudar a recuperar o reflexo de deglución.

A xornada contará con personalidades no ámbito da disfaxia como a Dra. Gemma Garmendia, médico especialista en Otorrinolaringoloxía e Logopeda, especialista en disfaxia orofarínxea. Tamén haberá espazo para as experiencias nunha mesa redonda na que participarán logopedas e delegados de SmoothFood en España (descargar programa aquí).

A xornada terá lugar o próximo 23 de novembro no salón de actos Edificio Administrativo da Xunta- Pontevedra, de 10.00 a 14.00 horas. Está dirixida a todas as entidades, profesionais e familiares implicados na atención das persoas con disfagia.

As persoas interesadas poderán inscribirse aquí.