Orientación laboral

Se tes Parálise Cerebral e/ou algunha patoloxía afín e queres prepararte para incorporarte ao mercado laboral, o noso Servizo de Orientación pódeche axudar.

Nas primeiras entrevistas persoais, falaremos das túas capacidades e as túas necesidades. Con esta información, orientarémosche cara a un posto adecuado ás túas necesidades ou cara a outros recursos formativos. Posteriormente iniciaremos un itinerario no que terás unha atención personalizada, un seguimento e acompañamento continuos, tanto no proceso de procura de emprego, como ao longo dunha vez conseguido un posto acorde ao teu perfil e mesmo con posterioridade ao mesmo.

Solicitar cita

 

Ademais, poderás acceder aos servizos que che ofrece o Servizo Público de Emprego de Galicia xa que ASPACE-Galicia é Centro Especial en materia de Información, Orientación, Prospección e Procura de Emprego (Servizo IOBE).

 

  • Informar sobre o mercado de traballo e as medidas e servizos ofrecidos polos servizos públicos de emprego: informar sobre o mercado de traballo e as ofertas de emprego existentes, as políticas activas e pasivas dos servizos públicos de emprego, así como os incentivos e medios dispoñibles para o apoio ás iniciativas emprendedoras e á mellora da cualificación.
  • Diagnóstico individualizado: realizar un diagnóstico individualizado ou perfil dos demandantes de emprego que inclúa toda a información posible sobre as características persoais relevantes que permita medir o grao da empregabilidade e clasificar ao demandante segundo as súas necesidades.
  • Xestión de itinerarios individuais personalizados: deseñar, realizar e facer seguimento dos itinerarios individuais e personalizados de emprego que inclúan unha proposta de derivación a accións para a mellora da empregabilidade (desenvolvemento de aspectos persoais, busca activa de emprego, traxectoria formativa individual, emprendemento, entre outros).