O conselleiro de Sanidade visitou a sede de Federación ASPACE-Galicia en Pontevedra para coñecer as necesidades sanitarias das persoas con parálise cerebral

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, visitou a sede de Federación ASPACE-Galicia en Pontevedra, onde mantivo unha reunión coa Xunta Directiva da entidade, que lle trasladou as necesidades e urxencias de tipo sanitario das persoas con parálise cerebral e poder definir estratexias para a súa resolución. Na visita, estivo acompañado pola xefa territorial de Sanidade, Ángeles Feijoo-Montenegro; e pola subdirectora xeral de Atención ao Cidadán e Calidade do Sergas, Beatriz Pais Iglesias.

Na reunión, realizada a petición do colectivo, atópanse as seguintes cuestións:

  • Favorecer a coordinación entre os profesionais do SERGAS e os profesionais sanitarios das entidades ASPACE.
  • Posibilitar mecanismos para facilitar a accesibilidade das persoas con parálise cerebral ás probas médicas (agrupar citas, dispoñer de camillas eléctricas e grúas, difundir información sobre a Tarxeta Sanitaria AA…).
  • Establecer mecanismos de colaboración para favorecer o coñecemento entre os profesionais sanitarios e a sociedade sobre a realidade das persoas con parálise cerebral.
  • Destinar máis recursos económicos e materiais para a atención a este colectivo.

O titular da carteira sanitaria do Executivo galego mostrouse receptivo ás necesidades plantexadas, comprometéndose a revisalas nun prazo de 15 días. A Xunta Directiva de Federación ASPACE-Galicia trasladou o seu agradecemento pola súa visita e pola súa escoita activa ante as necesidades plantexadas, invitándolle a visitar calquiera das asociacións membro, co fin de coñecer de primeira mán ao colectivo das persoas con parálise cerebral.