As principais cidades galegas visten de azul e laranxa edificios e monumentos emblemáticos

As cidades de Pontevedra, Vigo, A Coruña, Ourense e Lugo iluminaron os seus monumentos para conmemorar o Día Mundial da Parálise Cerebral

   As principais cidades galegas tamén se sumaron á celebración do Día Mundial da Parálise Cerebral, o pasado 5 de outubro. as principais galegas ASPACE- Galicia tamén se une á iniciativa de Confederación ASPACE coa iluminación de diversos edificios emblemáticos das principais cidades galegas.

      A Casa Consistorial de Pontevedra, as Fontes da rúa Aragón en Vigo, a Torre de Hércules en Coruña e As Burgas en Ourense ilumináronse de azul e laranxa, as cores do movemento ASPACE, a noite do día 5 en conmemoración do Día Mundial da Parálise Cerebral. En Lugo foi o edifico da Deputación, o que se vestiu se azul e laranxa para conmemorar este día. Neste caso, a iluminación comezou, xa, a noite do día 4 debido á coincidencia do Día Mundial da Parálise Cerebral coa Festividade do San Froilán.