Saborea o outono co II concurso de cociña ‘En ASPACE Cociñamos Xuntos’

Nesta edición elixiremos a mellor tosta na que non poderá faltar algún dos tres ingredientes típicos do outono: castañas, cogomelos ou cabazas

   Coa chegada do outono en Federación ASPACE- Galicia entrounos a fame… por iso poñemos en marcha a II edición do concurso de cociña ‘En ASPACE Cociñamos Xuntos’.    Un concurso diferente para usuarios/as e familiares que ten como obxectivo premiar á mellor receita feita pola comunidade ASPACE de Galicia. Unha oportunidade única de que compartan unha actividade de lecer en familia á beira do lume.

   Nesta edición elixiremos a mejer tosta na que non poderá faltar algún dos tres ingredientes típicos do outono: castañas, cogomelos ou cabazas. Podedes consultar as bases aquí.

   Poderán participar todos os usuarios/as das asociacións ASPACE- Galicia acompañados por algún familiar, amigo ou profesional da entidade. A inscrición realizarase a través das asociacións ata o 10 de outubro.

    Levaranse a cabo tres semifinais. O día20 de outubro será a quenda de Amencer- ASPACE, seguiralle ASPACE Coruña o 26 de outubro e APAMP Vigo será a encargada de pechar as semifinais o 4 de novembro. As tres parellas gañadoras das semifinais atoparanse na final, que terá lugar en Vigo o próximo día 10 de novembro.

   Animádevos a participar! Haberá premios para os finalistas e gañadores.

   Nesta edición contamos coa colaboración de: Aceites Abril, Trastrigo Obrador, Hifas da Terra, Akane Frutería, Grupo Nove Cociñeiros, Ribeiro Esencia Galega e A Pureza Conserveiros.