O movemento ASPACE celebra o mantemento do actual modelo de xestión da X Solidaria

. O fallo del Tribunal Supremo mantén en vigor o Real Decreto que regula a distribución de fondos derivados do 0,7% de IPRF destinado a actividades de interese social      

     

   O movemento ASPACE celebra o mantemento do actual modelo de xestión da X Solidaria, que permite que miles de persoas con parálise cerebral sexan atendidas grazas aos cidadáns que marcan a casa “fins sociais” na súa declaración da renda, sistema que permanecerá sen cambios grazas ao recente fallo do Tribunal Supremo e que mantén en vigor o Real Decreto que regula a distribución de fondos derivados do 0,7% de IPRF destinado a actividades de interese social.

      A pesar de que estes fondos representan unicamente ao redor do 0,2% do diñeiro que o Estado transfire cada ano ás CCAA, nos últimos anos sucedéronse recursos xudiciais contra o sistema, o que provocaba unha profunda preocupación no sector, nun momento en que os programas que desenvolven son especialmente necesarios para os millóns de persoas que se atopan en situación de exclusión social e pobreza no noso país, dados os efectos aínda notables da crise económica, social e ambiental e a difícil situación en que nos atopamos, ao estar a vivir o Goberno en funcións máis longo da historia da democracia española.

 

    O Tribunal Supremo ha estimado na súa sentenza que o decreto “non inclúe nas súas materias a asistencia social”, senón que “as subvencións deste Real Decreto teñen conexión con actividades recollidas noutros títulos competenciais nos que o Estado si está lexitimado para actuar”, tales como actividades educativas ou de inserción laboral, entre outras.

 

    Luís Cayo Pérez Bueno, presidente do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), afirmou en rolda de prensa que o sistema actual de distribución de subvencións é “plenamente conforme a dereito”, e engadiu que “non hai dúbidas xa para a estabilidade e continuidade do modelo”, polo que “o goberno pode e debe convocar xa as subvencións do presente ano”.