A Xunta de Galicia convoca as probas de avaliación en competencias crave e abre un proceso de selección para incorporar persoal laboral fixo á Administración

. Os nosos técnicos do Servizo de Emprego e Formación continúan coas clases de preparación co obxectivo de informar, orientar e instruír para estes procesos 

    O pasado venres, publicouse no DOG nº 49 do 11 de marzo a resolución do 26 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Xunta de Galicia, pola que se convocan as probas de avaliación en competencias crave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.

 

   O prazo de presentación de solicitudes finaliza o próximo día 2 de abril de 2016.  Máis información en: http://traballo.xunta.es/portada-competencias-clave;jsessionid=CC54B838D1CF24236034C54533A0E49C

        Por outra banda, os nosos técnicos de orientación continúan coa formación para as oposicións convocadas pola Consellería de Facenda da Xunta de Galicia para incorporar persoal laboral fixo na Administración Autonómica, na modalidade de Ordenanza. O proceso selectivo, publicado o pasado 7 de marzo no DOG, está destinado a persoas que acrediten discapacidade intelectual. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o próximo 28 de marzo.

 

    Máis información na seguinte ligazónhttp://www.xunta.es/…/20160…/AnuncioCA01-020316-0001_gl.html