Federación ASPACE- Galicia únese á demanda de Confederación ASPACE pola que solicita a continuidade do modelo de xestión da X Solidaria

. En 2014 o actual modelo de xestión achegou case 300 millóns de euros ás ONG 

      Federación ASPACE-Galicia únese á demanda de Confederación Aspace pola que solicita o mantemento do actual modelo de xestión do IRPF, que permite que cada ano máis de 5.000 persoas con parálise cerebral sexan atendidas grazas á casa “fins sociais” que os cidadáns marcan na súa declaración da renda, e que se atopa en perigo como consecuencia de diferentes pronunciamientos xudiciais que ameazan a redistribución social deste 0,7% da recadación fiscal.

    En 2014 o actual modelo de xestión achegou case 300 millóns de euros ás ONG que, como Confederación ASPACE e as súas entidades asociadas, realizan o labor social que o propio Estado confioulles. Grazas á X Solidaria, desenvólvense importantes programas dirixidos ás persoas con parálise cerebral en todo o Estado (atención temperá e no medio rural, habilitación funcional, respiro familiar, formación de voluntarios), ademais de crear as infraestruturas necesarias para ofrecer servizos de calidade ao colectivo

    O modelo de IRPF para fins de interese social revelouse moi útil no seu case tres décadas de existencia, polo que a súa supresión debido á loita polas competencias entre Estado central e comunidades autónomas supoñería unha perda irreparable sen beneficio para ninguén, e con grave prexuízo para os sectores sociais máis expostos á exclusión.

    Por este motivo, todo o sector da discapacidade, e con eles o movemento ASPACE, solicita que se tomen as medidas pertinentes para manter a actual redistribución da solidariedade cidadá.