O Deportivo da Coruña premia cunha camiseta asinada a un usuario de ASPACE- Coruña

 

. No acto tamén estiveron presentes Eulogio López, presidente da Federación ASPACE-Galicia e director xerente de ASPACE-Coruña xunto a Sandra Muíños e Jacinto Creo, responsable de Lecer e Tempo Libre e monitor de taller na Residencia, respectivamente  

 

      Kiko, usuario de ASPACE- Coruña e gran afeccionado do Real Club Deportivo da Coruña, cumpriu esta mañá  uno dos seus soños ao recibir da man de Lucas Pérez, o seu xogador favorito, unha camiseta asinada por todo o persoal como premio ao resultar gañador do VI Concurso de Postais Do Nadal organizado desde a Federación ASPACE- Galicia.

    Tras asistir a unha das sesións de adestramento do Club, que estes días prepara a visita do Valencia a Riazor deste domingo, Kiko tivo a oportunidade de charlar co dianteiro deportivista e de sacarse unha foto con todo o persoal.

    No acto, que tivo lugar na Cidade Deportiva de Abegondo, tamén estiveron presentes Eulogio López, presidente da Federación ASPACE-Galicia e director xerente de ASPACE-Coruña xunto a Sandra Muíños e Jacinto Creo, responsable de Lecer e Tempo Libre e monitor de taller na Residencia, respectivamente, ademais de familia do premiado.

    Esta acción súmase á excelente relación que existe entre ASPACE- Coruña e o Deportivo da Coruña. Por iso, desde Federación ASPACE- Galicia e ASPACE- Coruña queremos agradecer a atención e colaboración do Real Club Deportivo da Coruña que, con este sinxelo xesto, contribuíu ao apoio e recoñecemento ao traballo e esforzo de Kiko.