O VI Concurso de Tarxetas de Nadal de Federación ASPACE Galicia xa ten gañador

Xa temos gañador do VI Concurso de Tarxetas de Nadal da Federación ASPACE Galicia.

As votacións realizáronse a través das papeletas que estaban a disposición dos usuarios e usuarias que forman parte das Asociacións de Federación ASPACE Galicia (Apamp, Amencer Aspace e Aspace Coruña) e da Páxina de Facebook de Federación ASPACE Galicia.

O GAÑADOR foi Francisco Méndez Souto, usuario de ASPACE Coruña. ¡MOITAS FELICIDADES!

A súa tarxeta de Nadal será utilizada por Federación ASPACE Galicia para felicitar as festas a todas as persoas que forman parte desta rede: Usuarios e usuarias, familiares, profesionais, colaboradores e financiadores.

Moitas grazas a todos e todas as que participástedes no concurso, pois recibimos 67 traballos.

Postal Gañadora do VI Concurso de Tarjetas de Nadal de Federación ASPACE Galicia