VI Concurso de Tarxetas de Nadal da Federación ASPACE-Galicia

Xa se abriron as votacións para elexir a Tarxeta de Nadal, gañadora do VI Concurso de Tarxetas de Nadal de Federación ASPACE-Galicia.

Ao concurso presentáronse 67 traballos realizados por persoas con Parálisie Cerebral  das entidades que forman a Federación ASPACE-Galicia: APAMP Vigo, AMENCER-Aspace e ASPACE Coruña.

Dende o día 30 de novembro e ata o 11 de decembro ás 00:00 estarán abertas as votacións para elixir á tarxeta gañadora. Existen dúas formas de votar:

  • A través das papeletas que se atopan nas instalacións das entidades que forman parte da Federación ASPACE-Galicia.
  • Dándolle ME GUSTA á tarxeta de Nadal que máis te guste no álbum que creamos en Facebook con este fin, e que podes atopar no seguinte enlace.

A Tarxeta de Nadal gañadora utilizarase para realizar a Felicitación de Nadal oficial da Federación ASPACE-Galicia neste ano 2015 e o creador da tarxeta recibirá un regalo persoalizado.

No seguinte vídeo podedes ver os 67 traballos, realizados por persoas con Parálise Cerebral e, que foron presentados ao VI Concurso de tarxetas de Nadal da Federación ASPACE-Galicia.

 

Vos animamos a que participedes nas votacións.