ASPACE-Galicia inaugura a exposición “Mírame”

Unha mostra que ten como obxetivo acercar ó público a realidade das persoas con parálise cerebral dende unha perspectiva positiva e creativa.
Ó mesmo tempo, fixose entrega dos diplomas das accións formativas realizadas polos nosos usuarios en colaboración co FSC Inserta e a Fundación ONCE.

O Centro Cultura de Santa María de Xeve acolle dende o 18 de decembro a exposición “Mírame”. Unha mostra fotográfica inaugurada da man do Alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores, do concelleiro Miguel Filgueira, así como membros da xunta directiva e usuarios de ASPACE-Galicia (Federación Galega de Parálise Cerebral).
Un percorrido en 17 imaxes do certame de fotografía da Confederación ASPACE (entidade que engloba a tódalas entidades de atención a nivel nacional) dos últimos anos e que se organiza anualmente en colaboración coa empresa farmacéutica IPSEN PHARMA e que ten como obxetivo mostrar ó público non só como a vida das persoas con parálise cerebral, máis alá das súa discapacidade, é similar a de calquera outra persoa, sino ademais resaltar as súas capacidades e potenciar a súa imaxe como cidadáns de pleno dereito.
Organizada por ASPACE-Galicia (Federación Galega de Parálise Cerebral) esta exposición é unha actividade enmarcada nos actos conmemorativos do Ano Galego da Parálise Cerebral 2014, que ten como obxetivo mostrar a sociedade a capacidade de loita das persoas con parálise cerebral, reivindicar a igualdade de oportunidades no acceso ó emprego e ocio ,e implicar, máis se cabe, as familias, profesionais e voluntarios na mellora da súa calidade de vida e participación social. Poderá visitarse ata o próximo 28 de febreiro en horario de luns a venres de 9 a 15.00 horas.
Acto seguido á inauguración, tivo lugar a entrega dos diplomas das accións formativas realizadas polos nosos usuarios en colaboración co FSC Inserta e a Fundación ONCE no período 2013-2014, sendo entregados pola directora do FSC en Galicia, Dna. Menchu Iglesias Rey.