AFundación e ASPACE-Galicia organizan o ciclo “Unha ollada particular. A parálise cerebral no cimena”

Con motivo da conmemoración do Ano Galego da Parálise Cerebral neste 2014, AFundación e ASPACE-Galicia (Federación Galega de Parálise Cerebral) promoven este ciclo cinematográfico para sensibilizar sobre a realidade das persoas afectadas por parálise cerebral.

Comenzará en Vigo el 9 de octubre con la proyección de la película “MI pie izquierdo” (My left foot, Jim Sheridan, 1989) a las 20.00 horas en el auditorio de la sede de AFundación en Policarpo Sanz. 

 

Dentro da programación do Ano Galego da Parálise Cerebral, que se ven desenvolvendo ao longo de 2014, AFundación e ASPACE-Galicia (Federación Galega de Parálise Cerebral) organizan o ciclo cinematográfico “Unha ollada particular. A parálise cerebral no cinema”, que dará comezo o vindeiro 09 de decembro en Vigo.

Achegar á sociedade as capacidades, necesidades e soños das persoas con parálise cerebral é o principal obxectivo deste ciclo que se desenvolverá a partir do vindeiro martes ata o 31 de decembro de 2014 nas sedes da Fundación en A Coruña, Ferrol e Vigo. O ciclo constará de 6 proxeccións de películas que protagonizan persoas con parálise cerebral e realizarase nas cidades de Vigo, A Coruña e Ferrol.

Os filmes escollidos son O meu pé esquerdo (My left foot, Jim Sheridan, Irlanda 1989); Bailo por dentro(Inside I’m dancing Damien O’Donnell, Reino Unido, 2004) e As chaves da casa (Le chiavi di casa, Gianni Amelio, Italia, 2014), todas elas historias nas que se cruzan e comparten instantes de vida diferentes personaxes que loitan para derrubar os muros que lle impiden acadar as súas metas persoais. O espectador descubrirá a través de imaxes a realidade das persoas afectadas por esta discapacidade.

Este ciclo será unha das principais actividades que porán peche a un ano repleto de accións e eventos encamiñados a visibilizar ante a sociedade galega ao colectivo de persoas con parálise cerebral de Galicia, así como a labor desempeñada polas asociacións de atención, profesionais, institucións e familias en prol do seu benestar e o seu papel como cidadáns de pleno dereito.

O Ano Galego da Parálise Cerebral foi nomeado polo Consello de Goberno da Xunta de Galicia o 16 de xaneiro de 2014 e contou coa colaboración de numerosas institucións públicas e privadas, entre as que destaca o apoio de AFundación, non só a través deste ciclo de cinema, senón tamén como patrocinador do congreso “Día Mundial da Parálise Cerebral” que acolleu Santiago de Compostela o pasado 04 de outubro.

Pases dos films:

  • O meu pé esquerdo (My Left Foot)

            VIGO. 9 de decembro, 20.00 h

           FERROL. 22 de decembro, 20.00 h

  • Inside I’m Dancing

            FERROL. 15 de decembro, 20.00 h

           A CORUÑA. 22 de decembro, 19.00 h

  • As chaves de casa (Le chiavi di casa)

           VIGO. 22 de decembro, 20.00 h

           A CORUÑA. 29 de decembro, 19.00 h,