As Xornadas de celebración do Día Mundial da Parálise Cerebral reunirán a 400 profesionais, familiares e expertos

 Terán lugar en Santiago de Compostela os próximos días 3 e 4 de outubro

   As xornadas de celebración do Día Mundial da Parálise Cerebral, que organizan Confederación ASPACE e ASPACE-Galicia, reunirán en Santiago de Compostela os días 3 e 4 de outubro a 400 persoas entre profesionais, familiares, especialistas e directivos de asociacións, todo un éxito de asistentes para analizar as últimas tendencias e a situación actual da parálise cerebral, unha discapacidade coa que conviven 120.000 persoas en España.

Michelle Le Mètayer, Toni Puig, Ángel Carracedo e Fernanda Esparza son algún dos expertos que tratarán temas como a alimentación na parálise cerebral, os últimos avances científicos ou a mobilización do voluntariado. Ademais, Juan Manuel Montilla “El Langui”, moderará unha mesa redonda e aportará a  súa peculiar visión da parálise cerebral dende a súa experiencia como actor e cantante. Completa o programa un taller de Cidadanía Activa ASPACE, impartido por persoas con parálise cerebral, e a presentación dos programas tecnolóxicos que Confederación ASPACE ten en marcha gracias a Fundación Vodafone España (#ASPACEnet y Valorando Capacidades). 

Asimesmo, o venres 3 terá lugar na praza do obradoiro unha recepción oficial co alcalde da cidade, Agustín Hernández, quen dará a benvida os asistentes as xornadas de celebración do Día Mundial da Parálise Cerebral. Seguidamente levarase a cabo unha visita guiada accesible polo casco histórico de Santiago de Compostela, cortesía do propio concello.

Por último, durante o acto de clausura fará entrega dos IV Premios ASPACE Ipsen Pharma, que coas cinco categorías  (Institución Pública, Institución Privada, Boas Prácticas, Traxectoria Vital e Familias), recoñecen as mellores iniciativas levadas a cabo en favor da calidade de vida, a igualdade de oportunidades, a defensa dos dereitos e a plena integración do colectivo de persoas con parálise cerebral na sociedade.

Previamente as xornadas de celebración terá lugar o Día Mundial da Parálise Cerebral propiamente dito, que conmemorase cada ano o primeiro mércores de outubro, e que esta ocasión cae no día 1. Para esta data, Confederación ASPACE organiza unha concentración nas principais cidades españolas para dar lectura a un manifesto público que abordará as dificultades existentes para lograr unha educación inclusiva real, especialmente despois da entrada en vigor da Lei Orgánica sobre a Calidade da Ensino (LOMCE).