ASPACE-Galicia entra a formar parte do CERMI Galicia

A Federación Galega de Parálise Cerebral (ASPACE – Galicia) entrou a formar parte do Comité de Entidades de Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia), segundo se aprobou durante a celebración da súa Asemblea Ordinaria.

Con esta nova incorporación, son xa dez entidades as que constitúen o CERMI Galicia, que representa ás persoas con discapacidade e as súas familias na comunidade galega. Así, o CERMI Galicia queda constituído por: COGAMI, FADEMGA-FEAPS, FAXPG, ONCE Galicia, FEAFES Galicia, Down Galicia, Autismo Galicia, FEGADACE, FAGAL e ASPACE Galicia.

ASPACE-Galicia entra a formar parte do CERMI GaliciaAdemais, tamén se aprobaron na Asemblea a memoria de actividades e as contas anuais do ano 2013 do CERMI autonómico, o Plan de actuación para o presente ano e o Orzamento de Ingresos e gastos para 2014.

Previamente, mantívose unha reunión por parte do Comité Executivo do CERMI Galicia, durante a cal as entidades expuxeron a súa inquietude por como está afectando a actual situación económica ao movemento asociativo da discapacidade, sobre todo en materia de sanidade e emprego, polo que se concluíu a necesidade de adoptar as medidas posibles para que non haxa retrocesos.

Así mesmo, acordouse que se incidirá en accións que visibilicen “máis eficientemente” o labor do CERMI Galicia e en accións que conleven a protección dos intereses das persoas con discapacidade.