Beatriz Mato inaugura a exposición “DIsCAPACIDADE! Unha viaxe polo universo da parálise cerebral” na Fundación Barrié

Poderá  visitarse na sede da Fundación Barrié ata o próximo 30 de marzo

A Fundación Barrié acolle durante o mes de marzo a exposición DICAPACIDAD! Unha viaxe polo universo da parálise cerebral que foi inaugurada o pasado día 6 de marzo por Beatriz Mato, Conselleira de Traballo e Benestar. Estivo acompañada por Eulogio López, presidente de ASPACE-Galicia; Javier López, director xeral da Fundación Barrié; Belén Mª do Campo Piñeiro, delegada territorial da Xunta de Galicia e Cristina Pérez Fernádez, xefa territorial de sanidade.

 

Beatriz Mato durante a visita á exposición
Beatriz Mato durante a visita á exposición
Esta mostra ten como obxectivo mostrar ó público non só como a vida das persoas con parálise cerebral, máis alá da súa discapacidade, é similar a de calquera outra persoa, sino ademais resaltar as súas capacidades e potenciar a súa imaxe como cidadáns de pleno dereito.

Consta dun percorrido en 35 imaxes do certame de fotografía da Confederación ASPACE (entidade que engloba a tódalas entidades de atención a nivel nacional) dos últimos anos e que se organiza anualmente en colaboración coa empresa farmacéutica IPSEN PHARMA; un espazo audiovisual dedicado ó programa radiofónico La Radio de los Gatos creado no 2011 por persoas con parálise cerebral de ASPACE-Coruña para promover a comunicación e favorecer a integración social; e unha coidada selección de pinturas, gravados, collage e outras creacións artísticas de tódolos centros ASPACE da comunidade autónoma.

Organizada por ASPACE-Galicia (Federación Galega de Parálise Cerebral) co apoio da Fundación Barrié, esta exposición é unha actividade enmarcada nos actos conmemorativos do Ano Galego da Parálise Cerebral 2014, que ten como obxectivo mostrar a sociedade a capacidade de loita das persoas con parálise cerebral, reivindicar a igualdade de oportunidades no acceso ó emprego e ocio, e implicar, máis se cabe, as familias, profesionais e voluntarios na mellora da súa calidade de vida e participación social.

Poderá visitarse ata o próximo 30 de marzo en horario de martes a domingo de 12 a 14 e de 18 a 21 horas.