Aberta a inscrición para o obradoiro de Primeiros Auxilios en Parálise Cerebral

Organizado en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, celebrarase en A Coruña, Ferrol, Lugo e Ourense.

Adquirir coñecementos básicos sobre o manexo de situacións que requiran actuación de primeiros auxilios no colectivo de persoas con parálise cerebral é o obxectivo deste obradoiro organizado por ASPACE-Galicia en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns.

Cun total de 3 horas de formación, este obradoiro está dirixido a pacientes, familiares coidadores e á cidadanía en xeral e a inscrición é totalmente gratuíta. As persoas interesadas poderán inscribirse a través da web http://feweb-fegas.sergas.es

Esta acción formativa está enmarcada dentro do programa de actividades do Ano Galego da Parálise Cerebral que se conmemora neste 2014.