Pontevedra únese as actividades do Ano Galego da Parálise Cerebral

Así foi manifestado por Miguel A. Fernández Lores, alcalde da cidade, e Carmen Fouces, concelleira de Benestar Social, na reunión mantida esta mañá con Eulogio López, presidente de ASPACE-Galicia e varios membros da xunta directiva da entidade

Compromiso absoluto co colectivo de persoas afectadas con parálise cerebral da cidade e de Galicia. Ese foi a mensaxe que Miguel Anxo F. Lores, Alcalde de Pontevedra, manifestou esta mañá na reunión mantida con Eulogio López Río, presidente de ASPACE-Galicia. Estiveron acompañados por Carmen Fouces, concelleira de Benestar Social; Ana Prieto, xerente de ASPACE-Galicia; e Mª Carmen Barreiro, membro da xunta directiva da entidade.

 

Pontevedra únese as actividades do Ano Galego da Parálise Cerebral

Esta reunión enmárcase dentro da ronda de visitas institucionais que a Federación Galega de Parálise Cerebral ven mantendo nos últimos meses con motivo da conmemoración en 2014 do Ano Galego da Parálise Cerebral, declarado pola Xunta de Galicia o pasado 16 de xaneiro.

Entre os temas que se trataron está a organización da I Marcha sobre rodas ASPACE. Unha iniciativa lúdico-deportiva que ten como obxectivo visibilizar e por en valor as capacidades das persoas con parálise cerebral, as súas familias e as asociacións que as atenden, así como ó colectivo de persoas con discapacidade en xeral. Na marcha poderán participar bicicletas, triciclos, patíns, carros de bebé, cadeiras de rodas e outros vehículos con rodas. Ambas entidades traballarán nos próximos meses tódolos detalles desta iniciativa.

Pontevedra é, sen dúbida, o emprazamento idóneo para realizar esta actividade por “ser un exemplo en Galicia, España e Europa de cómo facer unha cidade accesible para todos”, destacou Eulogio López, quen agradeceu a sensibilidade que desde o concello de Pontevedra sempre se mostrou en favor do colectivo de persoas con parálise cerebral.

Pola súa parte, o alcalde de Pontevedra manifestou a intención de colaborar con ASPACE-Galicia en acción futuras para que “entre todos podamos contribuír na mellora da calidade de vida de este colectivo”.