Autoxestión, autodefensa e autodirección, principais obxectivos das persoas con parálise cerebral de toda Galicia que se reuniron hoxe en Sada

As instalacións de ASPACE Coruña acolleron esta mañá a primeira reunión da Rede Galega de Autoxestores con Parálise Cerebral, creada no marco do Año Gallego da parálise cerebral que se conmemora neste 2014

Converterse nos seus propios portavoces e protagonistas  da súa vida é a determinación que manifestaron os membros da rede galega de autoxestores con parálise cerebral, que esta maña reuníronse nas instalación de ASPACE Coruña en Sada.

Primeira reunión da Rede Galega de Autoxestores con Parálise CerebralTrátase dunha nova rede autonómica formada por persoas con parálise cerebral e profesionais de asociacións ASPACE Coruña (Sada), Amencer-ASPACE (Pontevedra) e APAMP (Vigo) que participaron en grupos de autoxestión en cada un dos seus centros. Nace co obxectivo de crear un espazo común onde as persoas con parálise cerebral de toda Galicia debatan sobre as cuestións que lles afectan promovendo a súa autoxestión, autodefensa e autodirección.

Eulogio López, presidente de ASPACE-Galicia (Federación Galega de Parálise Cerebral) e xerente de ASPACE Coruña, manifestou que este novo grupo conta con apoio total da Xunta Directiva da Federación e animou a tódolos integrantes da rede a traballar conxuntamente para “dar resposta as necesidades, intereses e inquietudes das persoas con parálise cerebral”.

Esta é a primeira das reunións desta rede que nos próximos meses centrará o seu traballo na elaboración dunha enquisa dirixida a saber o grao de coñecemento que ten a sociedade sobre a discapacidade e así desenrolar accións de fusión e concienciación sobre las necesidades do colectivo en Galicia. Reuniranse de novo no mes de abril en Pontevedra para a posta en común dos temas que lles preocupan na súa vida diaria.

A creación da Rede Galega de Autoxestores con Parálise Cerebral é unha das accións contempladas dentro do programa de actividades do Ano Galego da Parálise cerebral 2014, nomeado pola Xunta de Galicia e que terá o seu acto central coa celebración do Día Mundial da Parálise Cerebral en outubro en Santiago de Compostela.