A Xunta de Galicia reforzará a atención ás persoas con parálise cerebral e aos seus coidadores con actuacións específicas durante o Ano Galego da Parálise Cerebral

Así o explicaron a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, que visitaron a sede de Amencer-ASPACE para inaugurar o Ano Galego da Parálise Cerebral que se conmemora en 2014

A Xunta desenvolverá nos próximos meses diversas iniciativas relacionadas principalmente cos eidos sociosanitarios e formativo co obxectivo de reforzar a atención ás persoas con parálise cerebral e aos seus coidadores. Así o explicaron onte a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, que visitaron a sede da asociación Amencer-ASPACE de Pontevedra, con motivo da proclamación do Ano Galego da Parálise Cerebral no 2014.

 

Beatriz Mato e Rocío Mosquera, conselleiras de Traballo e Sanidade, durante a visita ao centro de Amencer-ASPACE
Beatriz Mato e Rocío Mosquera, conselleiras de Traballo e Sanidade, durante a visita ao centro de Amencer-ASPACE

Eulogio López, presidente de ASPACE – Galicia, quixo deixar patente na súa intervención que “Galicia é a primeira comunidade española que promove esta declaración, aprobada o pasado xoves polo Consello da Xunta, e é un logro de todos os que loitamos cada día pola defensa dos dereitos das persoas con parálise cerebral”.

Neste sentido, ao longo deste ano incluiranse ás persoas afectadas de parálise cerebral na tarxeta sanitaria AA – Acompañamento e Accesibilidade – , que lles da prioridade no acceso aos servizos sanitarios e permite que estean acompañados por un familiar durante a atención sanitaria. Deste xeito inténtase mellorar a súa seguridade e diminuir a súa ansiedade ante os actos médicos.

Ademais, a Escola Galega de Saúde para Cidadáns desenvolverá distintas actividades onde profesionais do Servizo Galego de Saúde, en colaboración coas asociacións membros de ASPACE-Galicia, difundirán á poboación as características desta discapacidade e as recomendacións para o seu manexo e coidados.

Están programados cursos superiores de coidados e autocoidados para familias e coidadores en Vigo, Sada e Pontevedra, que dan comezo hoxe nas instalacións da asociación APAMP en Vigo. Tamén se realizarán obradoiros na Coruña, Santiago, Lugo, Ourense e Ferrol sobre dificultades de deglución e primeiros auxilios en pacientes con parálise cerebral; coidados para pacientes dependentes, rehabilitación, estilmulación e fisioterapia; recursos sociosanitarios e aspectos legais sobre a parálise cerebral; psicoestimulación e pautas de comunicación, ocio e tempo libre, práctica deportiva e uso das novas tecnoloxías, e coidados do coidador.

Pola súa banda, a Consellería de Traballo e Benestar levara a cabo este ana novas actuacións baseadas en tres eixos: visibilización, formación e sensibilización. O primeiro pretende poñer en valor os retos que deben superar estas persoas cada día, coa celebración en outubro de 4 mesas de experiencias nos campus universitarios; o segundo, vinculado ao Decreto de atención temperá, céntrase en formación específica nesta materia para que os profesionais dispoñan de recursos que permitan ofrecer unha atención adecuada; e, o terceiro, para achegar ao conxunto da cidadanía a realidade cotiá destas persoas.

5.500 afectados en Galicia

Baixo o termo de parálise cerebral aqrúpanse un conxunto de afectacións cuxa característica fundamental é afectación motora, pero cunha enorme variedade de situacións persoais, desde a apenas apreciable ata a dependencia total de terceiras persoas para desenvolver as tarefas máis básicas, Non se pode curar, pero si se poden mellorar os síntomas, proporcionando unha atención adecuada que axude a persoa afectada a mellorar a sua mobilidade, o seu desenvolvemento intelectual e a súa integración social.

En Galicia estímase que hai unhas 5.500 persoas afectadas e que cada ano 54 nenos sofren parálise cerebral; cifras que amosan unha tendencia a alza motivada en parte polo aumento de nacementos de bebes prematuros. O impacto desta discapacidade ten unha grande repercusión sobre o entorno social e familiar, polo que esixe unha abordaxe multidisciplinar, coa participación activa de profesionais, familiares e coidadores.

Dende 2010, a Escola Galega de Saúde para Cidadans organiza obradoiros e foros online co obxectivo de orientar e formar a persoas dependentes, familiares e cidadáns co obxectivo de mellorar a calidade de vida no entorno dos afectados.

Plan de Acción Integral para a Discapacidade

Ademais, a atención as persoas con discapacidade e a procura da súa inserción social e un dos eixes da actuación da Consellería de Traballo e Benestar, tal e como demostra o Plan de Acción Integral para a Discapacidade, desenvolto entre 2010 e 2013, que contou con 305 medidas, das que se executaron preto do 100%, e con preto de 100.000 beneficiarios cada ano. Así mesmo, a conselleira indicou que os orzamentos de 2014 reflicten un aumento do 5,8% nesta materia, ata os 97,2 mill6ns de euros.

Este esforzo tradúcese tarnén no apoio ao colectivo de persoas con parálise cerebral por parte de Benestar. En concreto, destacan neste eido os catro millóns de euros destinados cada ano ao mantemento das 252 prazas públicas para persoas con este trastorno, un 25% delas creadas por este Goberno. Así mesmo, o departamento autonómico ven de poñer en marcha a Carteira de servizos de atención á Dependencia que inclúe 11 servizos especializados para persoas con parálise cerebral.