67 persoas inician en APAMP a súa formación sobre atención ao colectivo de parálise cerebral

Esta acción formativa está enmarcada dentro do programa de actividades do Ano Galego da Parálise Cerebral que se conmemora en 2014

Onte comezou no Centro Residencial APAMP a primeira das sesións formativas do curso “Atención a persoas con parálise cerebral”, organizado pola Federación Galega de Parálise Cerebral (ASPACE-Galicia) en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, organismo dependente da Consellería de Sanidade.

 

Imagen de la primera jornada del curso en APAMP

Esta acción formativa enmárcase dentro do programa de actividades do Ano Galego da Parálise Cerebral que se conmemora neste 2014 e que foi presentado onte en Pontevedra nun acto institucional que contou coa presenza de Beatriz Mato, conselleira de Traballo e Benestar, e Rocío Mosquera, conselleira de Sanidade.

O curso conta con seis módulos (Coidados a persoas con parálise cerebral, Primeiros Auxilios, Recursos socio-sanitarios na parálise cerebral, Coidando ao coidador, Rehabilitación e lecer na parálise cerebral e Psicoestimulacion na parálise cerebral) cunha duración total de 20 horas e que se impartirá en APAMP tódolos luns en horario de 16.30 a 19.30 horas durante un período de seis semanas.

Simultaneamente as asociacións Amencer-ASPACE (Pontevedra) e ASPACE Coruña (Sada) desenvolven este mesmo curso, formando a un total de 128 persoas na atención ao colectivo de persoas con parálise cerebral de Galicia.