Oitenta persoas participan nun torneo de pádel a favor de ASPACE-Galicia en Pontevedra

Farase entrega dos trofeos ao finalizar os últimos partidos, o domingo ás 13.30 horas, no School Padel Center Pontevedra

   Pontevedra acolle esta fin de semana un torneo de pádel solidario a favor da Federación Galega de Parálise Cerebral . Organizado por Marketing Tangible e TaleSport, o torneo celebrarase nas pistas do School Padel Center en Monteporreiro, Pontevedra. 

 

   Máis dun cento de xogadores danse cita esta fin de semana nunha proba deportiva na que os beneficios irán destinados a financiar programas e servizos a favor de persoas con parálise cerebral en Galicia.

   Este torneo é o segundo que se celebra nas instalacións do Shool Padel center Pontevedra a favor das  persoas con parálise cerebral. O anterior, celebrado a finais do pasado ano, reuniu arredor de sesenta persoas.

   Para mayor información sobre as probas e os seus horarios, poden dirixirse ao xerente de School Padel Center Pontevedra, José Ferreño, no correo pontevedra@schoolpadelcenter.com ou no teléfono 986 897 664 – 692 650 223.