Centros residenciais

         Segundo o artigo 5 da orde do 18 de agosto de 2000 (orde pola que se aproba o Estatuto Básico de centros de servizos sociais da Comunidade Autónoma de Galicia) considérase centro residencial de minusválidos gravemente afectados, a aquelas residencias que procuran en réxime de internado unha atención integral a aquelas persoas maiores de 16 anos con minusvalía grave que non poden acudir a ouitros centros máis normalizados, sempre que precisen a axuda doutra persoa para a realización de actividades da vida diaria e non poidan ser atendidos no seu medio familiar habitual.

         A Xunta, a través da Consellería de Traballo e Benestar, presenta o modelo de referencia para a creación de novos centros residenciais.

 

{tab=ASPACE-Coruña}

Centro residencial ASPACE-Coruña

         Actualmente, ASPACE-Coruña conta con dous centros residenciais que dan resposta ás necesidades de persoas adultas que precisan dun apoio xeral fóra do ámbito familiar. ASPACE, no ámbito residencial, ten capacidade para atender a: 49 persoas en estancia permanente, dúas persoas en estancia temporal e catro persoas de respiro familiar.

 

Contacto

Enderezo: Casteliño 24, Lugar de Osedo, Sada. 15160 A Coruña
Teléfono: 981610312
Fax: 981610359
Correo electrónico: aspacecoruna@aspacecoruna.e.telefonica.net

 

{tab=APAMP}

Centro residencial APAMP

         O servizo residencial para persoas con parálise cerebral e afíns é un servizo social especializado de convivencia, temporal ou permanente, co obxectivo de ofrecer unha vida o máis normalizada posible aos usuarios.

         Este servizo está destinado a garantir o aloxamento, manutención e prestación dunha atención integral ás persoas con parálise cerebral e discapacidades afíns, que polas súas características precisan dun apoio persoal para realizar as actividades da vida diaria. Este servizo pretende cubrir as necesidades das persoas e situación de dependencia, prestando os apoios precisos para o desenvolvemento das ABVD (actividades básicas da vida diaria), na promoción da autonomía e o apoio e coordinación coas familias.

         O centro residencial Navia é un recurso da entidade, que está situado nunha zona da cidade na que as rúas son accesibles, con transporte urbano, cerca do centro de día e ocupacional da entidade.

Contacto:

Enderezo: Rúa Pedra Seixa s/n, Vigo. 36212 Pontevedra
Teléfono: 986 616 045
Correo electrónico: apamp@apamp.org

 

{/tabs}

 

Visita os nosos centros por tipo…

 {loadposition posicionCentrosMenugl}

…Ou por asociacións.

{loadposition posicionCentrosBMenugl}