Centros de día

         Segundo o artigo 5 da orde do 18 de agosto de 2000 (orde pola que se aproba o Estatuto básico de centros de servizos sociais da Comunidade Autónoma de Galicia) considérase centro de día aqueles centros que procuran servizos específicos de apoio preventivo, oferta especializada de recursos e actividades rehabilitadoras a aquelas persoas maiores de 16 anos con minusvalía grave que non podan acudir a outros centros da rede específica para persoas con minusvalía, sempre que dependan doutra persoa para as actividades da vida diaria.

 

{tab=Amencer-ASPACE}

Centro de atención integral Amencer-ASPACE en Lourizán

         O centro de Atención Integral de Pontevedra é un centro de día, sendo o perfil dos rapaces aos que se presta atención o de grandes dependentes cunha elevada necesidade de apoio xeral en todas as áreas.

         Este centro aglutina dúas tipoloxías de centro, por unha parte sitúase nesta instalación un centro de educación especial con capacidade actualmente para 36 alumnos (nenos de 3 a 21 anos) e por outra banda un centro de día, autorizado para un total de 17 prazas destinadas a maiores de 18 anos.

         Os servizos que se prestan  en ambos ademais dos descritos no servizo de rehabilitación, son os seguintes:

+    O colexio de Educación Especial Amencer-ASPACE, sito en Pontevedra (Lourizán), é un centro privado concertado dependente da Asociación Amencer-ASPACE, especificamente adicado á atención integral do neno con parálise cerebral e patoloxías afíns , que cubre as necesidades educativas e de rehabilitación integral dos nenos e nenas con idades comprendidas entre 3 e 21 anos de idade, no ámbito territorial da provincia de Pontevedra, en concreto nas áreas centro e sur da mesma.

+    O outro centro que aglutina o centro de atención integral de Pontevedra é un centro de día, sendo o perfil dos rapaces aos que se dá atención o de grandes dependentes cunha elevada necesidade de apoio xeral en todas as áreas. As actividades que se desenvolven no centro son diversas, destacando obradoiros de artesanía, actividades de relaxación, estimulación cognitiva, coidados persoais…

Contacto

Enderezo: Avenida de las Camelias s/n, Pontemuíños, Lourizán, Pontevedra 36153
Teléfono: 986 86 46 43
Correo electrónico: direccion.lourizan@amencer-aspace.org

 

Centro de día Princesa Letizia

         Centro de día para rapaces cun dobre perfil. Por unha banda están aqueles que teñen unha certa autonomía para o desenvolvemento de actividades da vida diaria e, por outra, aqueles que precisan apoio xeral e permanente para todas as actividades.

         Este centro aglutina dúas tipoloxías de centro, por unha banda sitúase nesta instalación un centro de educación especial con capacidade na actualidade para 12 alumnos (nenos e nenas de 3 a 21 anos) e un centro de día, autorizado para un total de 25 prazas destinadas a maiores de 18 anos.

         O colexio de educación  especial Princesa Letizia é un centro privado concertado dependente da Asociación Amencer-ASPACE especificamente adicado á atención integral de persoas con parálise cerebral e patoloxías afíns, que asiste a unha poboación comprendida entre os 3 e os 21 anos de idade, no ámbito territorial da provincia de Pontevedra, en concreto o norte da provincia e toda a área do Salnés.

         Neste centro trabállase con diferentes aspectos, destacando o seguinte:

   Dar resposta ás necesidades educativas, sanitarias e sociais dos nosos alumnos, favorecendo a relación interprofesional entre os distintos ámbitos: escolar, médico… tendo en conta que os nosos alumnos adoitan presentar disfuncións graves e permanentes.

+    Desenvolver unha acción educativa interdisciplinar, baseada nun traballo coordinado en equipo no que cada profesional aporte os coñecementos que desde a súa área ten o neno.

+    Favorecer un clima de afecto e respecto no que o obxectivo prioritario sexa a comunicación e interacción co neno ou nena.

+    Facilitar o bo ambiente interprofesional como base para unha educación de calidade.

+    Fomentar e favorecer o entusiasmo, a motivación, a autoavaliación e a formación continua dos profesionais, procurando estar ao día en novos métodos e tecnoloxías que favorezan e melloren a intervención.

+    Facer significativos diferentes momentos da vida diaria do neno, tanto escolar como familiar (comedor, baño…)

         Nesta instalación está situado tamén un  centro de día para rapaces cun dobre perfil. Por un lado están aqueles que teñen unha certa autonomía para o desenvolvemento de actividades da vida diaria e, por outro, aqueles que precisan apoio xeral e permanente para todas as actividades.

Polo tanto, os obxectivos do centro son moi diversos:

+    Potenciar o desenvolvemento persoal para a superación dos obstáculos que a minusvalía lles supón, dentro das posibilidades de cada usuario.

+    Orientar aos usuarios cara a utilización dos recursos comunitarios beneficiosos para o seu desenvolvemento persoal (educación, deportes, actos culturais, excursións…)

+    Acadar unha autonomía persoal e social

Para o cumprimento destes obxectivos, o centro de día de Vilagarcía conta con varios obradoiros:

+    Obradoiro de informática adaptada: o ordenador debe de ser unha ferramenta básica de traballo, xa que facilita a realización de numerosas actividades. Os usuarios contan con axudas técnicas de acceso e programas informáticos adaptados ás súas necesidades, o que lles permite desenvolver ao máximo as súas capacidades.

+    Obradoiro de axuste persoal e social: no centro trabállase de maneira permanente o fomento da autonomía persoal e social, así como na relación co entorno. Enténdese que a socialización e a integración nas actividades da comunidade favorece a autonomía.

+    Obradoiros diversos: realízanse  múltiples actividades manipulativas como o obredoiro de cadernos/encadernación, separadores de libros e postais de felicitación.

Contacto

Enderezo: Rúa Duque de Terranova, 7 – Urbanización O Castriño, Vilagarcía de Arousa. 36.600 Pontevedra
Teléfono: 986 56 53 34
Correo electrónico: direccion.villagarcia@amencer-aspace.org

Centro de día Amencer-ASPACE en Campolongo

         É un centro concentrado coa administración pública e está autorizado para prestar atención a un máximo de 17 usuarios maiores de 18 anos.
No centro desenvólvense as seguintes actividades:AmencerASPACE_artesania

+    Obradoiro de artesanía: ten como obxectivos xerais entre outros:

+    Potenciar a capacidade máxima de cada usuario en canto a destrezas, actitudes e competencias, especialmente manipulativas.
+    Aprender a traballar en equipo como factor socializador, potenciando tamén os hábitos de orde, limpeza e responsabilidade.
+    Desenvolvemento da motricidade fina e grosa.
+    Motivación que provoque unha implicación activa na tarefa.

+    Obradoiro de estimulación cognitiva: séguese unha programación axeitada ás necesidades e posibilidades de cada un dos usuarios para aumentar o seu desenvolvemento persoal e social, tratando de acadar os seguintes obxectivos:

+    Fomentar a iniciativa e a creatividade.
+    Desenvolver e adquirir conceptos básicos, temporais-espaciais e de cantidade.
+    Desenvolver a atención e a concentración.
+    Desenvolver a memoria a longo e curto prazo.
+    Asimilar conceptos numéricos básicos.

+    Obradoiro de informática: ten dous obxectivos importantes:

+    Aumentar a autonomía dos usuarios.
+    Favorecer a adquisición e mantemento de coñecementos.

+    Obradoiro de axuste persoal e social: un dos factores que contribúe a que unha persoa con discapacidade acade un bo nivel de autonomía é a relación que amosa co entorno e coas persoas que a rodean. Neste programa contémplanse dicversas actividades que fomentan esta relación

+    Obradoiro de pintura e manualidades: é un obradoiro que ademais de favorecer varios aspectos importantes para os nosos usuarios, como a coordinación óculo-manual, a atención, a concentración e os tempos de espera entre outros. Tamén serve como medio de diversión, de expresión e, sobre todo, de relaxación.

 

Contacto

Enderezo: Rúa Iglesias Vilarelle s/n, Campolongo, Pontevedra, 36001
Teléfono: 986 85 76 80
Correo electrónico: direccion.pontevedra@amencer-aspace.org

 

{tab=APAMP}

Centro de día APAMP

         Centro especializado de atención diurna con funcións terapéuticas e asistenciais (atención rehabilitadora, habilitación persoal e social), dirixido a persoas con parálise cerebral e/ou patoloxías afíns. No centro de día préstase apoio permanente a todos os usuarios para o desenvolvemento de habilidades persoais e sociais, coa fin de acadar o mellor grao de autonomía persoal e integración social.

         Conta cun total de 50 prazas, destinadas a usuarios maiores de 16 anos. O horario do centro é de 9.00 a 17.00 horas de luns a venres. De 17.00 a 19.30 horas realízanse actividades complementarias que se programan en función das demandas de familias e clientes (teatro, ximnasia, mantemento…)

 

Contacto

Enderezo: Rúa Miguel Hernández, 1, Vigo, 36.210, Pontevedra
Teléfono: 986 85 76 80
Correo electrónico: direccion.pontevedra@amencer-aspace.org

 

Centro ocupacional de APAMP

         Centro especializado de atención diurna, aberto e polivalente, dirixido a lograr a integración socio-laboral dos seus usuarios mediante a realización de activisdades capacitadoras e teraopéuicas de formación ocupacional pre-laboral e o desenvolvemeto de habilidades persoais e sociais. Promóvese o desenvolvemento integral das persoas con parálise cerebral e patoloxías afíns, para que poidan tomar as súas propias decisións e participar activamente na sociadade. Proporciónanse os servizos precisos para o desenvolvemento dos usuarios, desde unha participación plural e en igualdade de oportunidades.
Igual que o centro anterior, atópase na sede da asociación na rúa Miguel Hernández de Vigo.

         Ten dez prazas, destinadas a persoas afectadas de parálise cerebral e patoloxías afíns, maiores de 16 anos. O horario do centro é de 9.00 a 17.00 horas de luns a venres.

 

Contacto

Enderezo: Rúa Miguel Hernández, 1, Vigo, 36.210, Pontevedra
Teléfono: 986 85 76 80
Correo electrónico: direccion.pontevedra@amencer-aspace.org

 

{tab=ASPACE-Coruña}

Centro de día ASPACE-Coruña

         O centro de día dispón de 64 prazas das que 46 eestán contratadas coa Consellería de Traballo e benestar. Está orientado a persoas con parálise cerebral fóra da idade escolar e que non poden asistir a centros ocupacionais ou de emprego. As actividades que se desenvolven no centro son de carácter moi diverso, contando cunha serie de obradoiros e servizos que estimulan e favorecen a autonomía e o desenvolvemento persoal dos usuarios.

 

 

Contacto

Enderezo: Casteliño 24, Lugar de Osedo, Sada. 15160 A Coruña
Teléfono: 981610312
Fax: 981610359
Correo electrónico: aspacecoruna@aspacecoruna.e.telefonica.net

 

{/tabs}  

 

Visita os nosos centros ordenados por tipo…

{loadposition posicionCentrosMenugl}

…Ou por asociacións.

{loadposition posicionCentrosBMenugl}