Aviso legal e Política de privacidade

DATOS IDENTIFICATIVOS

         En cumprimento co deber de información recollido no artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos  da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, a continuación reflíctense os seguintes datos: a empresa titular deste “sitio web” é a Federación Galega de Asociacións de Atención a Persoas con Parálise Cerebral, de aquí en diante FEDERACION ASPACE-GALICIA, con domicilio Lugar A Igrexa, s/n, Santa María de Xeve, 36.151 (Pontevedra) con número de C.I.F.: G-36344950, inscrita no Rexistro de Control de Asociacións Sección 1ª co número 263 con data 29 de xullo de 2004. Correo electrónico de contacto: aspacegalicia@aspacegalicia.org

USUARIOS

         Ao acceso e/ou uso do presente sitio web de FEDERACIÓN ASPACE-GALICIA atribúese a condición de USUARIO, que acepta, desde dito acceso e/ou uso, as Condicións Xerais de Uso aquí reflectidas. As citadas condicións serán de aplicación independentemente das Condicións Xerais de Contratación que no seu caso resulten de obrigado cumprimento.

USO DO PORTAL

         O presente sitio web proporciona o acceso á información (en adiante, “os contidos”) en Internet pertencentes á FEDERACIÓN ASPACE-GALICIA aos que o usuario pode ter acceso.  O USUARIO  asume a responsabilidade do uso do PORTAL. O USUARIO comprométese a facer un uso axeitado dos contidos e servizos que FEDERACIÓN ASPACE-GALICIA ofrece a través do seu sitio web corporativo e con carácter enunciativo pero non limitativo, a non utilizalos para (I) incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á  orde  pública; (II) difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico-ilegal, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos; (III) provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos de FEDERACIÓN ASPACE-GALICIA , dos seus provedores ou de terceiras persoas, introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calquera outro sistémica físico ou lóxico que sexa susceptible de provocar os danos anteriormente mencionados; (IV) intentar acceder e, no seu caso, utilizar as contas de correo electrónico doutros usuarios e modificar ou manipular as súas mensaxes.

PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

         FEDERACIÓN ASPACE-GALICIA, por si mesma ou como cesionaria, é titular de todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial do seu sitio web, así como dos elementos contidos no mesmo (a título enunciativo: imaxes, son, audio, vídeo, software ou textos; marcas ou logotipos, combinacións de cores, estrutura e deseño, selección de materiais usados, programas de computador precisos para o seu funcionamento, acceso e uso, etc.), titularidade de FEDERACIÓN ASPACE-GALICIA ou ben dos seus licenciantes. Todos os dereitos reservados. En virtude do disposto nos artigos 8 e 32.1, parágrafo segundo, da Lei da Propiedade Intelectual, quedan expresamente prohibidas a reprodución, distribución e comunicación pública incluída a súa modalidade de posta a disposición, da totalidade ou parte dos contidos desta páxina web, con fins comerciais, en calquera soporte e por calquera medio técnico, sen a autorización de FEDERACIÓN ASPACE-GALICIA. O USUARIO comprométese a respectar os dereitos de Propiedade Intelectual  e Industrial titularidade de FEDERACIÓN ASPACE-GALICIA. Poderá  visualizar os elementos do sitio web corporativo e ata imprimilos, copialos e almacenalos no disco duro do seu computador ou en calquera outro soporte físico a condición de que sexa única e exclusivamente, para o seu uso persoal e privado. O USUARIO deberá absterse de suprimir, alterar, eludir ou manipular calquera dispositivo de protección ou sistema de seguridade que estivese instalado nas páxinas de FEDERACIÓN ASPACE-GALICIA.

EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE

         FEDERACIÓN ASPACE –GALICIA non se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen ocasionar, a título enunciativo: erros ou omisión nos contidos, falta de dispoñibilidade do portal ou a transmisión de virus ou programas maliciosos ou lesivos nos contidos, a pesar de adoptar todas as medidas tecnolóxicas precisas para evitalo.

MODIFICACIÓNS

         FEDERACIÓN ASPACE-GALICIA resérvase o dereito de efectuar sen previo aviso as modificacións que considere oportunas no seu sitio web corporativo, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se presten a través da mesma como o xeito no que estes aparecen presentados ou localizados no seu sitio web corporativo.

UTILIZACIÓN DE COOKIES

         FEDERACIÓN ASPACE-GALICIA poderá utilizar cookies para personalizar e facilitar ao máximo a navegación do USUARIO polo seu sitio web corporativo. As cookies se asocian unicamente a un USUARIO  anónimo e ao seu computador e non proporcionan referencias que permitan deducir datos persoais do USUARIO. O USUARIO poderá configurar o seu navegador para que notifique e rexeite a instalación das cookies enviadas por FEDERACIÓN ASPACE-GALICIA sen que isto prexudique a posibilidade do  USUARIO  de acceder aos contidos.

ENLACES

         No caso de que o sitio web corporativo dispuxese de enlaces ou hipervínculos cara outros sitios de Internet, FEDERACIÓN ASPACE-GALICIA non exercerá ningún tipo de control sobre ditos sitios e contidos. En ningún caso FEDERACIÓN ASPACE-GALICIA asumirá a responsabilidade polos contidos dalgún enlace pertencente a un sitio web alleo, nin garantirá a dispoñibilidade técnica, calidade, fiabilidade, exactitude, amplitude, veracidade, validez e constitucionalidade de calquera material ou información contida en ningún de ditos hipervínculos ou outros sitios de Internet. Igualmente, a inclusión destas conexións externas non implicará ningún tipo de asociación, fusión ou participación coas entidades conectadas.

DEREITO DE EXCLUSIÓN

         FEDERACIÓN ASPACE-GALICIA resérvase o dereito a denegar  ou retirar o acceso ao seu sitio web corporativo e/ou os servizos ofrecidos sen necesidade de preaviso, a instancia propia ou dun terceiro, a aqueles usuarios que incumpran as presentes Condicións Xerais de Uso.

XERALIDADES

         FEDERACIÓN ASPACE-GALICIA perseguirá o incumprimento das presentes condicións, así como calquera uso indebido do seu sitio web corporativo, exercendo todas as accións civís e penais que lle poidan corresponder en dereito.
MODIFICACIÓN DAS PRESENTES CONDICIÓNS E DURACIÓN:  FEDERACIÓN ASPACE-GALICIA poderá modificar en calquera momento as condicións aquí determinadas, sendo debidamente publicadas como aquí aparecen. A vixencia das citadas condicións irá en función da súa exposición e estarán vixentes ata que sexan modificadas polas outras debidamente publicadas.

LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICCIÓN

         A relación entre FEDERACIÓN ASPACE-GALICIA e o USUARIO rexerase pola normativa española vixente e calquera controversia someterase aos xulgados e tribunais en Pontevedra.

CONFIDENCIALIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS

         En virtude do artigo 5 da vixente Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, comunícase que os datos de carácter persoal que se faciliten por correo electrónico ou mediante formularios de contacto quedarán rexistrados nun ficheiro automatizado de titularidade da Federación Galega de Asociacións de Atención a Persoas con Parálise Cerebral (FEDERACIÓN ASPACE-GALICIA). A destinataria da información será a FEDERACIÓN ASPACE-GALICIA. Os campos con asterisco teñen carácter obrigatorio sen os cales non se poderán atender as peticións dos usuarios.

         Os usuarios deste portal poden exercer ante a Federación Galega de Asociacións de Atención a Persoas con Parálise Cerebral (FEDERACIÓN ASPACE-GALICIA), no enderezo que consta ao comezo, os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento dos seus datos. A FEDERACIÓN ASPACE-GALICIA garante en todo momento a confidencialidade dos datos dos usuarios rexistrados mediante o presente formulario, e asegura o cumprimento da normativa de protección de datos.