Asociacións

        Na actualidade Federación ASPACE-Galicia conta con catro asociacións federadas, que á súa vez integran a máis de 979 asociados, principalmente persoas con parálise cerebral, familiares e amigos. Ofrecen servizos de atención directa a 407 persoas, con máis de 200 profesionais traballando nos distintos centros. Todos os servizos e programas que se realizan desde ASPACE-Galicia e as súas asociacións federadas baséanse en criterios de calidade, coa fin de proporcionar ás persoas con parálise cerebral a atención que precisan para acadar os máximos niveis de desenvolvemento persoal. Sendo esta atención entendida de xeito integral, intervindo nos distintos aspectos que inciden nestas persoas.

Coñece máis dos seus servizos e centros:

 

 {loadposition posicionAsociacionesMenu}