Centros educativos especiais

         Son centros educativos de titularidade pública ou privada, que dan resosposta ás necesidades de alumnos para os que, por causa das necesidadesde adaptacións significativas e en grao extremo, e trala avaliación polos equipos de orientación educativa e psicopedagóxica, considérase que o seu nivel de integración nun centro ordinario sería mínimo. Existen centros de educación especial para alumnos con necesidades educativas especiais asociadas a un determinado tipo de discapacidade. As funcións destes centros corresponden aos niveis educativos do sistema educativo ordinario, con etapas de educación infantil e primaria e transición á vida adulta e laboral.

{tab=ASPACE-Coruña}

Centro de educación especial ASPACE – Coruña

         O centro de educación especial conta con seis unidades concertadas coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Cobre as necesidades educativas desde os 3 ata os 21 anos. Cada aula está formada de media por grupos de entre 4 e 6 alumnos, axeitándose as aulas en base á idade e ás capacidades cognitivas dos nenos. Funciona de luns a venres dende o 1 de setembro ata o 31 de xullo.

 

Contacto

Enderezo: Casteliño 24, Lugar de Osedo, Sada. 15160 A Coruña
Teléfono: 981610312
Fax: 981610359
Correo electrónico: aspacecoruna@aspacecoruna.e.telefonica.net

 

{tab=Amencer}

 Colexio de educación especial Amencer – ASPACE en Lourizán

         O centro de educación especial Amencer-ASPACE, situado en Lourizán (Pontevedra) é un centro privado concertado dependente da Asociación Amencer-ASPACE, especificamente adicado á atención integral do neno con parálise cerebral.

Contacto

Enderezo: Avenida de las Camelias s/n, Pontemuíños, Lourizán, Pontevedra 36153
Teléfono: 986 86 46 43
Correo electrónico: direccion.lourizan@amencer-aspace.org

 

Colexio de educación especial “Princesa Letizia”

        O colexio de educación especial Princesa Letizia é un centro privado concertado dependente da asociación Amencer-ASPACE, especificamente adicado á atención integral de persoas con parálise cerebral e patoloxías afíns, que asiste a unha poboación comprendida entre os 3 e os 21 anos de idade, no ámbito territorial da provincia de Pontevedra, en cocreto o norte da provincia e toda a área do Salnés.

Contacto

Enderezo: Rúa Duque de Terranova, 7 – Urbanización O Castriño, Vilagarcía de Arousa. 36.600 Pontevedra
Teléfono: 986 56 53 34
Correo electrónico: direccion.villagarcia@amencer-aspace.org

 

 {/tabs}

 

Visita os nosos centros por tipo…

{loadposition posicionCentrosMenugl}

…Ou por asociación

{loadposition posicionCentrosBMenugl}