Oito persoas con parálise cerebral preséntanse a exames de oposición da Deputación de Pontevedra

As probas estás destinadas a cubrir dúas prazas de subalternos

   Oito persoas con parálise cerebral, usuarias das asociacións ASPACE de Pontevedra e Vigo, preséntanse hoxe ao primeiro exame de oposición para cubrir dúas prazas de subalterno para a Deputación de Pontevedra.

   

   Estas prazas, dirixidas a persoas con discapacidade intelectual superior ao 33%, cubrirán o posto de subalterno a tempo parcial para algún dos edificios que a Deputación ten na provincia.

    Por parte do colectivo de persoas con parálise cerebral, son oito as persoas que se presentan nesta primeira proba, para optar a algunha das prazas. Todos eles son usuarios das asociacións Amencer-ASPACE e Apamp.

   O primeiro exame terá lugar nas instalacións do centro Príncipe Felipe, hoxe xoves a partir das 10 da mañá. A existencia de convocatorias como esta supón un grande avance para a inclusión laboral de persoas con parálise cerebral.