Campaña 1 X 1

Campana1x1         A Campaña 1×1 =Solidariedade é un proxecto solidario da Federación ASPACE-Galicia dirixido a empresas. Consiste na achega voluntaria por parte dos traballadores da empresa da cantidade de 1 euro, nunha doazón única ao ano.
Por un só euro por persoa, o colectivo de persoas con parálise cerebral pode continuar recibindo a atención de calidade que precisa.

Por que colaborar coa Campaña 1×1=Solidariedade?

+    Porque axudas ás persoas con parálise cerebral e as súas familias a ter unha maior calidade de vida e uns servizos adaptados ás súas necesidades.

+    Porque, neste contexto de crise económica, os colectivos sociais precisan da colaboración de particulares, empresas e institucións públicas e privadas para poder seguir prestando os servizos aos seus usuarios.

+   Porque contribúes a mellorar a calidade de vida doutras persoas e a facer máis igualitaria a sociedade na que vives.

 

 

 Documento informativo Campaña 1X1 (pdf)

 

 Ficha de adhesion á Campaña 1X1 (pdf)