Un conto achega a parálise cerebral ao público infantil de Galicia

A Federación ASPACE Castellano Leonesa presenta a tradución ao galego do libro “O reino dos mil chanzos”

         Unha princesa con parálise cerebral que se enfronta a un ser malvado e a un xigante é o fío condutor do conto “O reino dos mil chanzos”, que a Federación ASPACE Castilla e León acabade traducir ao galego para presentalo ante o público infantil de Galicia.

         Escrito por Manuel Ferrero e ilustrado por Laura Bécares, este conto pretende achegar a parálise cerebral, un tema pouco común na literatura infantil, a través da linguaxe tradicional dos contos, facendo dos retos da princesa protagonista unha metáfora da incomprensión social cara a discapacidade, á que se enfrontan as persoas con parálise cerebral.

         Trala publicación en castelán de “O reino dos mil chanzos”, chega a edición traducida ao galego da man do tradutor Javier Martín Betanzos. A obra ten un prezo de dez euros, e os beneficios íntegros serán destinados á reedición e distribución do libro.

         Para calquera información sobre a súa distribución, ou para obter un exemplar é preciso pórse en contacto coa Federación ASPACE Castilla y León, a través do correo electrónico federaspacecyl@gmail.com, do teléfono 983 246 798 ou consultando a súa páxina web: www.federacionaspacecyl.org