Mos sabe a solidaridade

O multiusos de As Pozas acolle este sábado un cocido solidario a favor da parálise cerebral, a partir das 13.30 horas

         Solidariedade e gastronomía danse cita este sábado no multiusos de As Pozas de Mos, nun cocido solidario organizado pola Federación Galega de Parálise Cerebral (ASPACE-Galicia), coa colaboración do Concello de Mos e cinco empresas patrocinadoras.

         Este evento de carácter solidario ten como finalidade recadar fondos para o mantemento dos programas e servizos que ASPACE-Galicia ofrece ao colectivo de persoas con parálise cerebral e as súas familias.

         Entre as empresas patrocinadoras atópanse a Asociación de Catering u Colectividades de Galicia, Axencia de Desenvolvemento Rural, Tu Menú Catering, Coca Cola e Señoría de Rubiós.

         A sede do cocido solidario será o Multiusos de Mos e hase celebrar ao longo do día 23 de febreiro. O custe dos pratos será de 30 euros. Pódese reservar a entrada a través do enderezo web:    http://cateringsolidario.blogspot.com.es/