ASPACE-Lugo

ASPACE-Lugo

 

         Dende o ano 1996 é entidade prestadora de servizos sociais da Xunta de Galicia, o que nos acredita unha experiencia dilatada na prestación de servizos e programas de atención específica e especializada para os afectados por PC e enfermidades afins.

         Na actualidade ASPACE-Lugo atópase inscrita na Federación Galega de Parálise Cerebral e na Confederación Española de Federacións e Asociacións de Atención ás Persoas con Parálise Cerebral e Afíns formando parte da plataforma maior dentro do movemento asociativo de apoio ás persoas con parálise cerebral e ás súas familias.

         Os usuarios de ASPACE-Lugo teñen idades comprendidas  entre os 3 e 40 anos, aínda que non hai límite de idade, e o equipo multidisciplinar está formado polos seguintes profesionais:

+ Traballadora social
+ Fisioterapeuta
+ Logopeda
+ Psicóloga

         En ASPACE-Lugo atendemos a un total de 26 familias da provincia de Lugo, por isto consideramos de suma importancia o seguir informando e coordinándonos cos diferentes axentes sociais dos concellos da provincia para dar a coñecer o noso labor e ofertar servizos de atención integral, que dean resposta as necesidades específicas das persoas con parálise cerebral e das súas familias da provincia de Lugo.

         A Xunta Directiva está formada por nais de afectados por parálise cerebral, que desempeñan o seu cargo de forma voluntaria.

 

Obxectivo principal

         Potenciar ao máximo as capacidades das persoas afectadas por parálise cerebral en todos os aspectos da vida cotiá (físicos, cognitivos, sociais, etc.) compensando e optimizando aqueles que poidan afectar os procesos de desenvolvemento e aprendizaxe mediante un enfoque integral para a súa integración social.

Obxectivos específicos

+    Proporcionar unha atención dende a dignidade e os dereitos das persoas con parálise cerebral e afíns para conseguir a súa plena integración social, intervindo en cada un dos casos de forma individualizada.
+    Promover a acollida, atención, orientación e asesoramento a familiares e afectados pola parálise cerebral e/ou afíns.
+    Ofertar actividades de ocio e tempo de lecer encamiñadas a inclusión social dos afectados por PC e as súas familias.
+    Promoción e reivindicación dos servizos sanitarios, asistenciais, educativos, laborais, residenciais, sociais e lúdicos necesarios e adecuados para cubrir as necesidades das persoas afectadas por PC e/ou afíns.
+    Información e difusión dos problemas que afecten as persoas con parálise cerebral e/ou afíns.
+    Promover a defensa dos dereitos, a rehabilitación, a integración, a normalización social e mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por PC e/ou afíns.
 

{slider Servizos|closed}

          O local de ASPACE-LUGO é un espazo de 50 m2 distribuídos da seguinte maneira: un aseo adaptado, un despacho, unha aula de comunicación e a sala de fisioterapia.
Así mesmo ASPACE-LUGO conta cun local cedido polo Concello de Lugo no Parque de Frigsa, na casa Clara Campoamor.

         Dende ambos locais ofértanse os seguintes servizos:

Orientación, asesoramento e información

         Este servizo púxose en marcha no ano 2010 grazas o patrocinio da Excma. Deputación de Lugo e xestiónao a traballadora social, e entre as súas funcións están:

+    Información, orientación e asesoramento sobre recursos existentes para o colectivo de persoas con parálise cerebral e/ou afíns.
+    Información e planificación de actividades de ocio e tempo de lecer para os afectados por parálise cerebral e as súas familias.
+    Difusión e sensibilización da entidade á sociedade.
+    Derivación, coordinación e seguimento con outros profesionais de entidades tanto públicas como privadas.
+    Captación de recursos para o desenvolvemento de actividades e continuidade das xa existentes.

Rehabilitación

         Preténdese, a través deste programa, mellorar o desenvolvemento motor do/a neno/a, buscando a mobilidade, función e percepción, prever o deterioro ou debilidade dos músculos como resultado da falla de uso e evitar a contractura, na cal os músculos se inmobilizan nunha postura ríxida e anormal.  O tratamento fisioterapéutico pode mellorar ou evitar o deterioro da autonomía dun paciente con parálise cerebral, entre os seus beneficios están:

+    Facilitar o desenvolvemento psicomotor.
+    Reducir a espasticidade (os músculos mantéñense permanentemente contraídos o que provoca rixidez).
+    Axudar a mobilidade:  trátase de capacitar o neno dunha independencia bípeda que é necesaria para explorar o entorno, mellorase a coordinación dos membros e a capacidade de moverse axudar o neno a mellorar a capacidade cognitiva, a animar a interacción co entorno e a mellorar a orientación visual e auditiva.

 

Aula de comunicación aumentativa e alternativa

 

         Nesta aula preténdese identificar as capacidades de cada usuario e en función destas, establécese o sistema de comunicación apropiado para cada caso. A maiores de establecer o sistema aumentativo e alternativo, se desenvolven actividades de estimulación, educativas, entre outras, que permitan crear, aumentar ou manter as habilidades dos usuarios, favorecendo a adaptación o sistema de comunicación (os profesionais desta aulas son unha logopeda contratada por programas de cooperación e unha psicóloga)

         Neste servizo ofrécese ademais o Sistema Iriscom, única entidade na provincia de Lugo que o ten. Consiste na comunicación a través dun ordenador controlado polos ollos para persoas con discapacidade motora. Permite comunicarse, acceder a internet, intercambiar experiencias con outras persoas, acceder a información…

 
Lecer e tempo libre

 

       Consideramos que o ocio na nosa sociedade é unha realidade de innegable importancia. É un deses ámbitos nos que aínda é posible mellorar, de aí que nos propuxéramos poñer ó alcance dos nosos usuarios actividades normalizadas de ocio e tempo de lecer que poidan realizar co apoio necesario.

+    Teatro e cine, excursións
+    Visitas a exposicións/ museos
+    Eventos deportivos
+    Actos culturais

 

 

{slider Contacto}

 

Calle de Alfredo Brañas 1, bajo

27004 Lugo – Lugo

 

Teléfono. 982 20 27 78

Correo electrónico: aspace_lugo@hotmail.com

{loadposition mapaLugo}

{/sliders}

 

 {loadposition posicionAsociacionesMenu}