ASPACE-Coruña

Aula sensorial

        

         Fundada en 1977 por un grupo de pais e nais de persoas con parálise cerebral, é a asociación pioneira en Galicia en atención integral a persoas con parálise cerebral e a única con estas características na Coruña e provincia.

         En pouco tempo esta asociación consolídase e é declarada Entidade de Utilidade Pública o 3 de novembro de 1980. A misión da asociación responde á necesidade de fomentar a creación de centros e institucións de carácter rehabilitador e pedagóxico para a recuperación, ensinanza e tratamento psicolóxico e educación dos nenos con parálise cerebral afectados física e/ou psiquicamente. ASPACE-Coruña presta servizos e tratamentos a persoas con parálise cerebral, con afectación tanto física como psíquica. A totalidade dos usuarios teñen asociados importantes déficits sensoriais e intelectuais, o 99% deles son totalmente dependentes para satisfacer as súas necesidades básicas.

         Dende a súa creación, ASPACE-Coruña propúxose como obxectivo fundamental proporcionar asistencia integral ás persoas con parálise cerebral mellorando día a día a súa calidade de vida.

 

 {slider Servizos|closed}

Servizos básicos

+    Comedor: o centro dispón dun servizo de comedor no que se serven menús supervisados por médicos nutricionistas cumprindo coas necesidades alimenticias das persoas usuarias do servizo.
+    Transporte adaptado: a entidade conta cun total de oito liñas de transporte que cobren as zonas de Ferrol, Ares, Mugardos, Pontedeume, Miño, Betanzos, Sada, Culleredo, Cambre, Arteixo, A Coruña e as zonas próximas á cidade.
+    Mantemento: é necesario dispoñer dunhas instalacións en condicións de hixiene, seguridade e habitabilidade óptimas para o bo funcionamento do centro e o benestar dos usuarios.
+    Servizo de hixiene persoal: asistencia nas actividades básicas da vida diaria.

Servizos terapeúticos

+    Fisioterapia: encárgase do tratamento das persoas con alteracións de ton, movemento e postura. Os tratamentos de fisioterapia realízanse a nivel individual e están encamiñados a manter e mellorar as capacidades físicas dos usuarios.
+    Hidroterapia: as sesións de traballo en hidroterapia pretenden acadar unha mellora ou mantemento das habilidades motrices, empregando a auga como medio terapéutico.
+    Logopedia: desenvolver actividades de prevención, avaliación e recuperación dos trastornos da audición, fonación e linguaxe, mediante técnicas terapéuticas propias da logopedia.
+    Psicoloxía: prestar atención psicolóxica aos usuarios do centro é fundamental para mellorar o seu benestar emocional e manter e/ou incrementar as súas capacidades cognitivas mediante intervencións proactivas, preventivas e de mellora do seu entorno.
+    Traballo social: desenvolver actividades de prevención e intervención social co obxectivo de dar resposta ás necesidades transitorias ou permanentes do usuario ou da súa familia.
+    Terapia ocupacional: proporciónanse as ferramentas e habilidades necesarias para favorecer un desenvolvemento o máis autónomo posible das persoas afectadas con parálise cerebral, con dúas salas de estimulación sensorial.
+    Servizos médicos e enfermería

Servizos de ocio e tempo libre

+    Informática: impártense clases de informática mediante o uso de novas tecnoloxías de acceso a comunicación e sistemas alternativos e aumentativos da comunicación.
+    Deporte: o Club Deportivo ASPACE Coruña é un club federado nas modalidades de boccia e slalom en cadeira de rodas, que compite en campionatos a nivel nacional e internacional, contando con instalacións deportivas para a práctica destas modalidades.
+    Participacións en concursos e exposicións
+    Saídas e excursións
+    Viaxes e vacacións
+    Grupo de autoxestores
+    Escola de pais

Servizos de xestión e administración

+    Dirección
+    Administración
+    Secretaría
+    Recepción, programa de axuste persoal de usuarios

Investigación e novas tecnoloxías  ASPACE – Coruña

         ASPACE Coruña está a colaborar coa Universidade de A Coruña no desenvolvemento e posta en funcionamento dos seguintes proxectos:

 

In-TIC:

“Novas tecnoloxías de apoio para a accesibilidade, usabilidade e e-inclusión das persoas con diversidade funcional no uso das tecnoloxías da información e a comunicación”

         Este proxecto ten como obxectivo final desenvolver aplicacións que permitan interactuar ás persoas con diversidade funcional no entorno virtual. Definíronse dous sistemas de apoio:

+    Sistema de apoio de información, comunicación e sinalización: aumenta a participación e interacción social en usuarios con limitacións na comunicación ao mesmo tempo que potencia a calidade de vida, a capacidade funcional e a autonomía persoal.
+    Sistema de acceso ás TIC: pretende facilitar o acceso e uso do ordenador, PDA e Smartphone. O obxectivo é facer a aplicación o máis accesible e utilizable posible, permitindo adaptar a interface física, a cognitiva e a sensorial en función das capacidades e necesidades dos usuarios.

 

Head In-TIC:

“Creación da rede de dinamización dun novo sistema de apoio para a accesibilidade, usabilidade e e-inclusión das persoas con diversidade funcional na sociedade da información”

         O proxecto Head In-TIC integra dúas ferramentas:

+    Hadware de acceso a través dos movementos da cabeza.
+    Software de usabilidade co que resulta máis intuitiva, flexible e eficiente a interacción persoa-ordenador.

 

E.T.I.C:

“Estimulación terapéutica computerizada na promoción da autonomía persoal das persoas con dano cerebral”

          Este proxecto ten como obxectivo a estimulación terapéutica das persoas con dano cerebral a través das TIC, co fin de mellorar a súa autonomía persoal, a súa independencia funcional e a súa calidade de vida.

 

PROXECTO EDIRIS:

 “Videoculografía infravermella”, sistema Iriscom

          Co fin de determinar os movementos oculares do suxeito mediante un sistema de visión artificial e iluminación infravermella invisible para o usuario. Unha vez que se detectan os movementos do ollo dedúcese o punto de vista do suxeito dentro da pantalla do ordenador.

         Este sistema aumenta a autonomía persoal das persoas con parálise cerebral a través de módulos específicos que se encargan de realizar diversas tarefas: emulación de dispositivos de entrada, sintetizador de voz, control de entorno e interface de usuario.

 {slider Contacto}

Casteliño 24, Lugar de Osedo

 

15160 Sada – A Coruña

 

Galicia. España

 

Teléfono. 981 61 03 12 – Fax. 981 61 03 59

 

Correo electrónico: aspacecoruna@aspacecoruna.e.telefonica.net

 

Web: http://www.aspacecoruna.org

 {loadposition mapaCoru}

{/sliders}

 

 {loadposition posicionAsociacionesMenu}