Amencer-ASPACE

Amencer-ASPACE

         Somos unha asociación de ámbito provincial sen fins lucrativos, declarada de Utilidade Pública polo Ministerio do Interior por Orde do 22 de abril de 1997.

         Fundada en 1991 por familias de persoas afectadas por parálise cerebral e/ou patoloxías afíns,actualmente dispón de centros e servizos de atención especializada dende os 0 aos 65 anos (concertados e/ou en convenio coa Administración Pública).

         A nosa misión é a de responder ás necesidades específicas das persoas con parálise cerebral e patoloxías afíns, mediante unha atención integral levada a cabo por un equipo interdisciplinar a través de servizos especializados e con criterios de calidade.

         Amencer-ASPACE está integrada na Federación ASPACE-Galicia, na Confederación de ámbito nacional ASPACE e noutras fundacións e plataformas.

 

 

 

 {slider Servizos|closed}

Servizo de orientación

         Cando un se sinte perdido, sen diagnóstico ou inmerso nun mundo descoñecido, é preciso reubicarse, informarse e coñecer o recurso idóneo que poida dar resposta ás nosas necesidades.
Amencer-ASPACE co ánimo de facilitar esta tarefa dispón dun servizo denominado equipo de orientación.
Este servizo fórmano un grupo de seis profesionais composto por un pedagogo, un logopeda, un fisioterapeuta, un terapeuta ocupacional, un psicólogo e un traballador social.

         A súa finalidade é aportar unha visión multidisciplinar unha vez valorada a persoa interesada, para orientar cara o recurso máis idóneo para a súa axeitada atención.

Apoio socio-familiar

         A familia é un elemento chave en Amencer-ASPACE. Non se pode entender o benestar da persoa afectada sen pensar no da súa propia familia.

Por iso, Amencer conta cun servizo formado por un traballador social e un psicólogo coa finalidade de informar, asesorar, apoiar e acompañar ás familias no día a día e nas situacións socio-familiares que o requiran.

         Dende este servizo mantéñense entrevistas individuais coas familias, ademais de sesións formativas e de autoapoio para os familiares.

PAD: Programa de atención en domicilio

         Amencer-ASPACE conta cun servizo de atención especializada en domicilio orientado aos seguintes usuarios:

+    Nenos de 0 a 3 anos que precisan unha atención temperá e reforzo en terapias especializadas nos primeiros anos de vida.
+    Nenos en idade escolar integrados en centros ordinarios que precisan apoios específicos.

         Este programa está formado por un traballador social, un fisioterapeuta, un logopeda e un terapeuta ocupacional. Os profesionais desprázanse ao domicilio do usuario coa finalidade de realizar sesións de rehabilitación ademais de asesorar e orientar aos familiares en temas relacionados coas súas áreas de intervención.

Outros servizos complementarios

         Amencer-ASPACE conta con outros servizos complementarios como son transporte adaptado “porta a porta” e comedor nos seus centros.

         Outras actividades: dende Amencer organízanse actividades diversas ao longo do ano tanto para as familias como para os usuarios como son: xornada de convivencia, cea-encontro, obradoiros de pintura, charlas formativas, actividade de piscina, campamentos de verán, viaxes, excursións, teatro, terapia asistida con cans, etc.

Servizos de rehabilitación en centros

         Todos os centros dos que é titular Amencer-ASPACE contan cunha serie de servizos especializados en rehabilitación:
Ofrécense os seguintes servizos:

Fisioterapia

Os obxectivos desta terapia en xeral serán:

+    Evitar deformidades.
+    Fomentar unha postura simétrica cando están sentado nas súas cadeiras ou deitados no descanso.
+    Manter unha amplitude articular nos membros inferiores e superiores dentro da normalidade.
+    Acadar unha mobilidade funcional.
+    Fomentar a relaxación e a respiración.
+    Mellorar a coordinación, o equilibrio e o control postural.
+    Acadar unha manipulación grosa e fina máis funcional.
+    Fomentar e mellorar o tipo de desprazamento.
+    Reforzar o esquema corporal e a imaxe corporal.
+    Afianzar as condutas perceptivas motrices.
+    Evitar conxestións respiratorias.
+    Guía de pautas de posicionamento.

Terapia ocupacional

O obxectivo central será na medida do posible e dependendo do grado de afectación:

+    Proporcionar as ferramentas e habilidades necesarias para desenvolverse de modo máis autónomo e satisfactorio posible, en equilibrio co desempeño das súas ocupacións do día a día.

Ademais de :

   Fomentar a independencia e calidade de vida dos usuarios.
+    Formar parte e participar na sociedade na que viven.
+    Atopar a significación individual das actividades de cada un.
+    Acompañamento na vida diaria.
   Habilitar ou rehabilitar compoñentes de desempeño ocupacional afectados.

Logopedia

As tarefas a desenvolver polo logopeda no centro organízanse en torno a dúas grandes áreas: alimentación e comunicación.

+    Alimentación: a importancia de acadar unha alimentación o máis normalizada posible vai máis alá da función de aporte nutricional da alimentación. A rehabilitación da disfaxia diminúe a posibilidade de sufrir aspiracións e as súas consecuentes complicacións. A mellora na motricidade oro facial implicada na deglución está estreitamente relacionada coa mellora da fala.

+    Comunicación:

+    Persoas con linguaxe oral: inclúense aquelas persoas que posúen unha linguaxe oral susceptible dunha intervención específica para melloralo.
Tamén se incluirá nesta intervención a aqueles pacientes que a pesar de posuír linguaxe oral, este non é suficientemente funcional. Son usuarios dun sistema aumentativo de comunicación. O obxectivo será mellorar a linguaxe oral para chegar a prescindir do sistema aumentativo de comunicación. Dentro das alteracións da linguaxe máis frecuentes na persoa con parálise cerebral distínguense dous grandes aspectos, que se poden presentar illados ou combinados:

  Retraso no desenvolvemento da linguaxe
+   Problemas motores que alteran a fala e a voz, denominados disartia.

+    Persoas sen linguaxe oral: Sistema alternativo ou aumentativo de comunicación.

 

 {slider Contacto}

Dirección: C/ Camelias, s/n Pontemuiños

36153 Lourizán, Pontevedra

 

Teléfono. 986 86 46 43

 

 

Correo electrónico: asociacion@amencer-aspace.org

Web: http://amencer-aspace.org

 {loadposition mapaAmencer}

{/sliders}

 

 {loadposition posicionAsociacionesMenu}