Organización

Organización

         A Federación réxese polo sistema de autogoberno e o principio de representación, a través dos seguintes órganos de goberno.

 

 

 

 {slider Órganos de goberno |closed}

Asemblea xeral

         A asemblea xeral é o máximo órgano de goberno e decisión da Federación e nela están representadas tódalas entidades membros. A asemblea reúnese, polo menos, unha vez ao ano e entre as súas funcións atópanse as de aprobar a memoria, contas e orzamentos da entidade e elixir aos membros da xunta directiva.

 

Xunta directiva

         En cumprimento dos estatutos, a xunta directiva é renovada por metades cada catro anos. Trala renovación de 2008, a xunta directiva de Federación ASPACE-Galicia quedou integrada por cinco membros:

 

Presidente: Eulogio López Río (Asoc. ASPACE-Coruña)

Diplomado en Educación na especialidade de Educación Especial. Xerente da asociación ASPACE-Coruña dende 1991. Dende 2013 exerce o cargo de Presidente da Federación Galega de Parálise Cerebral (ASPACE-Galicia).

Vicepresidente: Carlos Godoy Casalderrey (Asoc. AMENCER)

Licenciado en Ciencias Sección Química pola Universidade de Santiago de Compostela. Catedrático do Instituto de Bacharelato en Especialidade de Física e Química. Actualmente xubilado. Presidente de Amencer-ASPACE dende 1991. Exerce de vicepresidente de ASPACE-Galicia dende 2013.


Secretaria: Concepción Somoza Torres (Asoc. APAMP)

Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Vicesecretaria da Xunta Directiva da Confederación ASPACE. Dende 2013 exerce como secretaria da Xunta Directiva de ASPACE-Galicia. ë xerente da asociación APAMP dende 1995.

 

Tesoureira: Mónica Touriño Soto (Asoc. AMENCER)

Diplomada en Traballo Social e Licenciada en Socioloxía. É xerente da asociación Amencer-ASPACE dende o ano 1996. Foi elexida como tesoureira de ASPACE-Galicia en 2013.

Vicesecretaria: Mª Carmen Barreiro Santos (Asoc. ASPACE-Coruña)

Titulada en Auxiliar Administrativo en 1983, actualmente é a secretaria da xunta directiva da asociación ASPACE-Coruña. Foi elexida membro da xunta directiva de ASPACE-Galicia en 2013.

Vicetesoureiro: Daniel Varela Lago (Asoc. APAMP)

Técnico en Mecánica Industrial. Prexubilado de Teléfónica. É fillo do fundador dla asociación APAMP, da que actualmente é presidente. É miembro da xunta directiva de Federación ASPACE-Galicia dende o año 2013.

 

Comisión permanente

         Actúa como delegada da xunta directiva, coa única misión de exercer no día a día o goberno da Federación, axilizando así as xestións.

 

 

{slider Recursos humanos}

Xerencia
A xerencia ten a máxima responsabilidade sobre o funcionamento de Federación, coordina os proxectos e as actividades programadas, as subvencións e os recursos. É o enlace coa xunta directiva.
xerencia@aspacegalicia.org

Emprego e formación
Os profesionais de emprego e formación encárganse de facilitar a integración sociolaboral das persoas con parálise cerebral e/ou patoloxías afíns.
O responsable de emprego e formación encárgase de coordinar o desenvolvemento das actividades desta área.
emprego@aspacegalicia.org
orientacion@aspacegalicia.org

Administración e xestión
A secretaría administrativa encárgase de executar todas as tarefas administrativas relacionadas coas actividades de Federación.
administracion@aspacegalicia.org

Marketing e comunicación
O departamento de comunicación ten a labor de xestionar a comunicación, tanto interna como externa, de Federación e as súas entidades membros, seguindo un plan tácito de comunicación.
comunicacion@aspacegalicia.org

Mantemento
Os profesionais de mantemento encárganse do perfecto estado das instalacións e infraestruturas.
administracion@aspacegalicia.org
webmaster@aspacegalicia.org

Fortalecemento institucional
A Federación conta con profesionais cualificados que desempeñan as súas funcións nas distintas asociacións federadas, apoiando ás mesmas no desenvolvemento diario dos seus servizos.

{/sliders}