Quen somos

         A Federación ASPACE-Galicia (Federación Galega de Asociacións de Atención a Persoas con Parálise Cerebral e/ou Patoloxías Afíns) nace en Sanxenxo, Pontevedra, en 1999, tendo como finalidade acadar a coordinación e cooperación entre as asociacións de parálise cerebral e outras entidades de modo que a unión e a forza das mesmas logre a igualdade de oportunidades das persoas con parálise cerebral.

         ASPACE-Galicia pretende, así mesmo, servir como vehículo dinamizador dos diferentes colectivos, promover o asociacionismo e colaborar coas Administracións Públicas e organismos privados para dar a coñecer esta patoloxía que afecta a dúas de cada mil persoas en Galicia.

 

A entidade foi declarada de Utilidade Pública o 25 de maio de 2006.

 

{slider Obxectivos fundacionais|closed}

Dentro dos obxectivos fundacionais da entidade constan os seguintes:

a) Coordinar, impulsar e potenciar os obxectivos e as actividades das súas asociacións membro.

b) Representar aos seus membros en cuestións de interese xeral ou a petición dos mesmos.

c) Promover o estudo, a información e a difusión dos problemas que afectan ás persoas con parálise cerebral, así como as súas solucións.

d) Fomentar e desenvolver actividades deportivas, de lecer e tempo libre, nas que interveñan persoas con parálise cerebral de todo o territorio galego.

e) Calquera outro que, de modo directo ou indirecto, poida contribuír á realización dos fins da Federación e das súas asociacións membro, que redunden en beneficio das persoas con parálise cerebral e/ou das súas familias ou representantes legais.

f) Estes obxectivos non son excluíntes das accións que en idéntico sentido poden levar a cabo as asociacións membros desta Federación, de acordo cos seus propios estatutos.

{slider Misión, visión e valores}

Misión

         Favorecer a coordinación e cooperación entre asociacións de parálise cerebral e outras entidades, de modo que a unión e a forza das mesmas promovan a igualdade de oportunidades das persoas con parálise cerebral.

Visión

         Entidade consolidada na heteroxeneidade dos servizos integrais, onde as asociacións participen de maneira democrática, velando polos intereses das persoas con parálise cerebral, xerando estruturas de traballo en rede coa Administración e outras entidades que permitan acadar a igualdade de oportunidades das persoas con parálise cerebral.

Valores

+Transparencia

+Traballo

+Profesionalidade

+Igualdade

+Obxectividade

+Cooperación e colaboración

 

{/sliders}