Ferrol acolle a primeira proba do Circuíto de Pádel ASPACE do ano

O club School Padel Center Indoor en Narón será a sede dos partidos desta primeira proba do Circuíto de Pádel ASPACE , do 17 ao 20 de xaneiro

         Coa finalidade de recadar fondos para a financiamento dos programas e servizos a favor de persoas con parálise cerebral en Galicia, Narón acolle a primeira proba do Circuíto de Pádel ASPACE pola parálise cerebral.

         O torneo celebrarase nas pistas do School Padel Center Indoor, entre os días 17 e 20 de xaneiro.
Este é o segundo ano que se celebra o Circuíto de Pádel pola parálise cerebral, organizado pola Federación ASPACE-Galicia. Na edición anterior, o circuíto percorreu as localidades de Nigrán, Santiago de Compostela, A Coruña, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa, cunha participación que superou os 600 xogadores.

         As inscricións para participar no torneo poden realizarse ata o martes, 15 de xaneiro, a través da páxina www.doblered.es ou no propio club. A proba contará con cinco categorías: masculina, feminina, mixta, empresas e consolación.

         A inscrición no torneo custa 15 euros para competir nunha soa categoría e 20 euros para quen se inscriba en dúas categorías. Cada xogador recibirá unha camiseta conmemorativa e un bono-spa para dúas persoas no Hotel Vilavella.