Entréganse os premios do torneo de pádel solidario de ASPACE-Galicia en Vilagarcía de Arousa

+Máis dun cento de persoas participaron no torneo

+As pistas do club Arousa Padel acolleron os partidos e a entrega de premios das cinco categorías

         Os gañadores do torneo de pádel solidario, organizado por ASPACE-Galicia, recibirán hoxe ás 22 horas os seus trofeos nas pistas do club Arousa Padel, sede desta proba de carácter solidario.

Un instante do torneo en Villagarcía
Un instante do torneo en Villagarcía
Os gañadores competiron nas categorías masculina, feminina, mixta, empresas e consolación. A entrega de premios contou coa presenza de representantes de ASPACE-Galicia e das empresas patrocinadoras, que acudiron para apoiar esta iniciativa a favor das persoas con parálise cerebral.

         A finalidade deste circuíto solidario é recadar fondos para o financiamento dos programas e servizos que ofrece ASPACE-Galicia. A de Vilagarcía de Arousa foi a cuarta proba do Circuíto de Pádel Solidario, que chegará en próximas datas á cidade de Vigo tras pasar previamente por Santiago de Compostela, A Coruña y Pontevedra.