ASPACE-Galicia comeza unha campaña na procura de socios e doantes

Ante a falta de axudas institucionais, a Federación Galega de Parálise Cerebral procura financiamento en doazóns de persoas e empresas

         ASPACE-Galicia puxo en marcha unha campaña de captación de doantes, co obxectivo de garantir a continuidade dos seus programas e servizos dirixidos a persoas con parálise cerebral e as súas familias.

         Establécense dúas vías para colaborar, segundo se trate de persoas ou de empresas. No caso das persoas, pódese ser socio pola cantidade anual de 12 euros ou a través de doazóns puntuais. No caso das empresas, proponse a “Campaña 1×1”. Estas serán as encargadas de comunicar e mobilizar aos seus traballadores para que doen de xeito voluntario un euro anual para contribuír aos programas da Federación ASPACE-Galicia.

         A esta última iniciativa xa se uniron empresas como Grupo Moldes, Faro de Vigo e Radio Vigo, entre outras.
A campaña lémbranos que 100 de cada 1.000 nenos prematuros sofren parálise cerebral, e que o número de persoas con parálise cerebral en Galicia supera a cifra de 5.000.