Cinco persoas con parálise cerebral realizarán en Pontevedra as probas de competencias clave para obter os certificados de profesionalidade

A sede da Federación Galega de Parálise Cerebral, en Santa María de Xeve, acolle as probas correspondentes ao nivel 2

         Cinco usuarios da Federación ASPACE-Galicia realizarán mañá as probas en competencias clave, que organiza a Consellería de Traballo e Benestar, e que permiten acceder ás persoas sen titulación á formación para o emprego asociada aos Certificados  de profesionalidade.

Estas probas realizaranse na sede da Federación, na parroquia de Santa María de Xeve, Pontevedra, a partir das 10.00 horas.

         Os usuarios da entidade terán que amosar os seus coñecementos en lingua castelá, lingua galega, matemáticas e competencia dixital. As competencias clave son contidos de formación básica que aseguran os coñecementos precisos para cursar con proveito a formación para o emprego correspondente aos novos certificados de profesionalidade.

         A suspensión destas probas de competencias clave permitirá aos usuarios da Federación ASPACE-Galicia acceder aos cursos de certificados de profesionalidade da Xunta de Galicia, que non poden cursar actualmente por non poder acreditar que dispoñen dunha formación básica para acceder aos mesmos.