Entréganse os premios do torneo de pádel solidario da Coruña

+Máis dun cento de persoas participaron no torneo organizado por ASPACE-Galicia
+O Amura Café acolleu a entrega de premios aos gañadores das seis categorías

 

Un instante del torneo de pádel en A Coruña
Un instante del torneo de pádel en A Coruña
         Os gañadores do torneo de pádel solidario, organizado por ASPACE-Galicia recibiron hoxe os seus trofeos no Amura Café da Coruña. O torneo, que tivo lugar nas pistas do club Padel D3 de Bergondo, tivo unha participación de máis dun cento de persoas.

         A entrega de premios contou coa presenza de representantes de ASPACE-Galicia, das empresas patrocinadoras e de diferentes personalidades do mundo do deporte e a música, que acudiron a apoiar esta iniciativa solidaria en favor das persoas con parálise cerebral.

         A finalidade deste circuíto solidario é recadar fondos para o financiamento os programas e servizos que ofrece a Federación ASPACE-Galicia. A de Bergondo foi a segunda proba do circuíto, que chegará ás cidades de Pontevedra e Vigo no mes de decembro.