Mañá finaliza o prazo de inscrición para o torneo solidario de Bergondo

O club Padel D3 acollerá a partir do sábado a segunda proba do circuito de pádel solidario organizado por ASPACE-Galicia

         Recadar fondos para o financiamento dos programas e servizos para o colectivo de persoas con parálise cerebral de Galicia é o obxectivo do torneo de pádel que se celebrará a partir do sábado nas pistas do club Padel D3 (Bergondo).

         Este torneo é a segunda proba do circuíto galego de pádel solidario organizado por ASPACE-Galicia, que percorrerá as cidades de Pontevedra e Vigo nos próximos meses.

         A competición está aberta a todos aqueles que queiran participar: tanto afeccionados  como profesionais. O torneo conta coas categorías masculina, feminina, mixta e empresas.

         As inscricións teñen un custo de 15 euros por persoa e pódense realizar online a través da páxina www.doblered.es. Con cada inscrición  farase entrega dunha camiseta conmemorativa e dun bono spa para dúas persoas no Hotel spa Vilavella.