Bergondo acolle a segunda proba do Circuíto de Pádel Solidario en favor de persoas con parálise cerebral

O martes, 23 de outubro, realízase a presentación da proba no Amura Café da Coruña. O torneo comeza o día 19 de novembro no club Padel D3 de Bergondo

         Coa finalidade de recadar fondos para o financiamento dos programas a favor das persoas con parálise cerebral de Galicia, continua o circuíto de pádel solidario en Bergondo, nas pistas de Padel D3, as fins de semana do 10-11 e 17-19 de novembro.

         A inauguración do torneo , que se realizará na Coruña, no Amura Café, contará coa presenza de representantes de ASPACE-Galicia e as empresas patrocinadoras do evento.

         Esta é a segunda proba do Circuíto de Pádel Solidario organizado por ASPACE-Galicia, que comezou en Ames e continuará en Pontevedra e Vigo nos próximos meses. As inscricións para participar no  torneo de Bergondo poden realizarse ata o xoves 8 de novembro a través da páxina www.doblered.es.