Mañá finaliza o prazo de inscrición para o torneo de pádel solidario de Ames

O club Let Padel Ames acollerá a partir do próximo domingo a proba do circuíto galego de pádel solidario organizado por ASPACE-Galicia (Federación Galega de Parálise Cerebral)

         Recadar fondos para o financiamento dos programas e servizos para o colectivo de persoas con parálise cerebral de Galicia é o obxectivo do torneo de pádel que se celebrará a partir do próximo domingo nas pistas do club Let Padel Ames (Bugallido).

         Este torneo é a primeira proba do circuíto galego de pádel solidario, organizado por ASPACE-Galicia, que percorrerá diversas cidades galegas nos próximos meses.

         A competición está aberta a todos aqueles que queiran participar: tanto afeccionados como profesionais. O torneo conta coas categorías masculina, feminina, mixta e empresas.

         As inscricións teñen un custo de 15 euros por persoa e pódense realizar online a través da web www.doblered.es. Con cada inscrición farase entrega dunha camiseta conmemorativa e un bono spa para dúas persoas no Hotel Spa Vilavella.