Amencer-ASPACE dá a benvida ao verán coa tradicional xornada de convivencia en Pontevedra

Usuarios, profesionais e familias de todos os centros da asociación, reuníronse en Lourizán para despedir o curso escolar

         Como vén sendo habitual nestas datas, a asociación Amencer-ASPACE organizou a súa tradicional xornada de convivencia no centro integral de Lourizán.

 

           Usuarios, profesionais e familias de todos os centros que a asociación xestiona na provincia reuníronse para despedir o curso e dar a benvida ás vacacións de verán. Ao longo da xornada os asistentes puideron desfrutar de numerosas actividades de ocio, entre elas un concurso-degustación de postres elaborados polas propias familias e a proxección dunha reportaxe sobre a entidade elaborada pola canle de televisión online Ponte.tv.

         Os asistentes desfrutaron tamén dunha comida de convivencia e dunha feira de oportunidades, onde puideron adquirir numerosos artigos. Sen dúbida, unha xornada divertida e inolvidable.