A Fundación Solidaridad Carrefour entrega o luns un vehículo adaptado á asociación Amencer-ASPACE

Ao acto asistirán o presidente da asociación, Carlos Godoy, o director rexional Carrefour Galicia, Gabriel García, e a responsable da Fundación Solidaridad Carrefour, María Cid

         A Fundación Solidaridad Carrefour entregará o próximo luns, día 11, un vehículo adaptado á asociación Amencer de Pontevedra, que facilitará a asistencia de nenos e nenas con parálise cerebral de toda a provincia aos centros e servizos cos que conta esta organización.

         Ao acto, que se celebrará no Hipermercado de Pontevedra, asistirán o presidente da entidade, Carlos Godoy, o director rexional de Carrefour Galicia, Gabriel García, e a responsable da Fundación Solidaridad Carrefour, María Cid. Estarán acompañados por diferentes autoridades, entre elas María do Carme Fouces, concelleira de Servizos Sociais de Pontevedra.