Amencer-ASPACE reúne mañá en Vigo máis de 400 na súa tradicional cea-encontro

Visibilizar o colectivo de persoas con parálise cerebral e as súas necesidades é o obxectivo principal do evento

         A Asociación Amencer-ASPACE organiza un ano máis en Vigo a súa tradicional cea encontro á que acudirán un total de 415 persoas, o que supón un éxito rotundo de participación.

 

         Visibilizar ao colectivo de persoas con parálise cerebral e as súas necesidades é o principal obxectivo do evento, así como recadar fondos para a posta en funcionamento dun centro de educación especial para nenos con parálise cerebral na cidade olívica.

         O Pazo dos Escudos será o escenario onde se darán cita a partir das 21.30 horas numerosas personalidades políticas e sociais, entre elas o Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia, Jesús Vázquez, o Director Xeral de Centros da Xunta de Galicia, José Manuel Pinar, o Subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello Bufil, a Delegada territorial da Xunta de Galicia, Mª José Bravo Bosch, o Vicepresidente da Deputación Provincial, José Manuel Figueroa Vila, e a Concelleira de Cultura de Vigo, Isaura Abelairas.