Por segundo ano consecutivo persoas con persoas con parálise cerebral realizarán en pontevedra as probas de competencias clave para obter os certificados de profesionalidade

As probas terán lugar mañá na sede da Federación ASPACE-Galicia a partir das 10 horas

Probas de competencias clave
Probas de competencias clave
         Nove usuarios do programa de emprego e formación da Federación ASPACE-Galicia realizarán mañá as probas en competencias clave, que organiza a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

         A superación destas probas permite que as persoas sen titulación algunha podan acceder á formación para o emprego  asociada aos certificados de profesionalidade.

         Nas probas, que se realizarán na sede de ASPACE-Galicia a partir das 10 horas, os usuarios da entidade terán que demostrar os coñecementos en lingua castelá, matemáticas, ciencias, tecnoloxía, competencia dixital e inglés, que adquiriron nas accións formativas que se desenvolveron nos últimos meses, tanto en Vigo como en Pontevedra.

         As competencias clave son contidos de formación básica que ten como finalidade certificar que as persoas posúen os coñecementos necesarios para cursar con proveito a formación para o emprego correspondente aos novos certificados de profesionalidade.

          A superación destas probas permitirá aos usuarios  de ASPACE-Galicia acreditar que dispoñen da formación básica necesaria para acceder aos cursos de certificados de profesionalidade organizados pola Xunta de Galicia.